+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

PORQUE MOVEMENTO OIA NON ESTA DE ACORDO COA ADENDA DO MOSTEIRO AVALADA POLO PSOE E CONVERXENCIA.


 

O Mosteiro de Oia quédaselle grande ao goberno municipal e a administración continua de perfil

 

O Psoe e Converxencia Galega contradinse aprobando a adenda do mosteiro e recoñecendo de cara a galería que a prioridade son os servizos municipais da vila e a conservación dos bens patrimoniais, e que deben ser o obxectivo dunha corporación.

 

Non se citan os servizos externos como o saneamento cando se trata de facer modificacións puntuais urbanísticas no concello.

 

Mentres dende o concello como dende a administración continúen ollando para outro lado e empregando o mosteiro nas súas promesas electorais, a entidade privada non terá a capacidade de poder levar o proxecto da conservación do Bic adiante.

Dita adenda supón lexitimar un convenio do ano 2011, que esta obsoleto e non adaptado á actual lei do solo de Galicia.
Polo que asinar a adenda supón dar lexitimidade e un cheque en branco.
Na propia adenda comprométense a adaptar o convenio á lei. Polo que o lóxico seria adaptar o convenio á lei e logo presentalo a pleno para a súa aprobación.

No punto segundo da adenda recoñécese que non hai auga, é necesario realizar varios pozos na área dotacional e o concello terá que realizalos e pagar o bombeo. Supoñendo que exista o caudal e volume de auga tanto no inverno como no verán para as necesidades de urbanización.
O lóxico seria facer os pozos, e se hai auga no verán, que parte das actuais traídas veciñais non dispoñen de auga, aprobar o convenio.
De non ser así, o concello métese en problemas ao carecer de recursos hídricos dabondo.

 

O punto tres, non poden os dous polígonos ser unha única área de repartición, pois o BIC dispón dun perímetro de protección e por tanto eses metros non se poden sumar. É dicir, débese dividir en dous polígonos cada un cos seus respectivos metros sobre os que calcular o coeficiente de edificación. Pola contra se esta inflando o volume de edificación no polígono anexo ao mosteiro.

 

Noutros puntos da adenda di:
A presente adenda simplemente vén complementar o convenio aprobado polo Pleno da Corporación Municipal na súa sesión do 30 de novembro de 2011, sen que a mesma supoña modificación algunha dos dereitos e obrigacións que se derivan para cada unha das partes do citado convenio.
Aquí dáse carta de lexitimidade ao convenio e condicións do ano 2011 que non se adapta á lei do solo de Galicia nin ao BIC do camiño de Santiago portugués dá costa.
Polo que non podemos estar de acordo con esta adenda.

No caso do saneamento todos sabemos que o actual saneamento non se atopa preparado para absorber toda a edificación proxectada, polo que supón meter ao concello de Oia noutro compromiso, polo que desde a corporación non se pode aceptar esta adenda, e si desviala cara á Xunta e Deputación para que achegue os recursos necesarios.

Por estes motivos Movemento Oia non pode aprobar esta adenda. Nin pode ser culpada de nada, pois desde o ano 2015 poderíase realizar o PXOM e ter todos os problemas resoltos. E aínda nos atopamos como no ano 2011.
Desde o ano 2011, nin se aprobou o PXOM, nin hai auga nin saneamento.
Encargáronse dous PXOM, que desapareceron en caixóns, neste concello.
Aínda que debemos de denunciar a pouca disposición por parte dos grupos políticos que tiñan a maioría no concello e non fixeron nada porque o proxecto saia adiante.
Movemento Oia, solicitou crear un conxunto histórico, Oia vila Mariñeria, que permita acceder aos recursos das administracións, non só para habilitar o Mosteiro senón poñer en valor todo o patrimonio.
Se a empresa achega un proxecto sustentable e viable, movemento oia comprométese ao seu estudo e en consecuencia ao seu apoio.
De momento o proxecto presentado ata a data non reúne os requisitos mínimos para ser aprobados. Non é sostible, non existen recursos dabondo e quérese edificar por riba do volume que lle correspondería, se só tense en conta o terreo que actualmente é edificable.

Deja un comentario