+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A FEIRA ABANCA CIMAG-GANDAGRO ORIENTARON AOS AGRICULTORES MÁIS MOZOS SOBRE FORMACIÓN E AXUDAS


FOI NUNHA XORNADA INFORMATIVA ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DA XUNTA DE GALICIA ESTA MAÑÁ NO MARCO DA FEIRA AGROPECUARIA

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia organizou na III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019, unha xornada informativa dirixida aos agricultores máis mozos.

Durante o seu transcurso orientouse aos asistentes sobre a formación dispoñible para o mellor desempeño do seu traballo nas explotacións, detallando o programa e modalidade dos cursos existentes, ademais das datas e lugares de celebración dos mesmos.

Por outra banda, dende a Consellería do Medio Rural abordáronse as distintas axudas dispoñibles nestes momentos para estes xóvenes agricultores, así como a súa xustificación, ademais da financiación externa e os acordos con entidades bancarias. Os seguros agrarios foi outro dos aspectos sobre os que se incidiu.

Intervención do conselleiro do Medio Rural

A xornada abordou tamén a fiscalidade das axudas nun relatorio no que interveu o conselleiro do Medio Rural, José González.

Pola súa banda, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros Guinarte, foi o encargado de inaugurar a xornada, mentres que a clausura foi a cargo do subdirector xeral de Explotacións Agrarias, Nicasio Mejuto.

Deja un comentario