+034 986 09 02 04 Venres 13 de Decembro de 2019

AS NEVES RECLAMA UN CRUCE SEGURO PARA SETADOS E NON PROHIBICIÓNS


O alcalde das Neves non pode deixar de amosar o seu asombro logo de que a Consellería de Infraestrutu – ras, Territorio e Medio Ambiente colocase, sen dar aviso, un sinal que prohíbe o xiro no cruce da PO-400 co camiño que leva a Laxes, a A Igrexa e a maior parte da parroquia de Setados.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez lembra que hai tres anos que plantexa á Xunta de Galicia a necesidade de que neste cruzamento se sitúe unha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’, dado o perigo do mesmo para vehículos e peóns.

“Esta posibilidade foi desbotada polo Goberno de Galicia co argumento de que a obra non era prioritaria porque o cruce non era perigoso”, sinala o alcalde. “Agora as veciñas e veciños de Setados atópanse cun si – nal que prohíbe o xiro, sinal que foi colocado logo de que un informe da Garda Civil de Tráfico concluíse
que esta intersección é, efectivamente, perigosa”.

Rodríguez Méndez lamenta que nos pasados tres anos dende a Xunta non se fixese caso algún nin se consi – derase o proxecto presentado polo Concello das Neves para regular o tráfico neste lugar.

Tamén denuncia que nestes tres anos a Xunta permitise que se mantivera unha situación de perigo, “sen tomar medida algunha, mesmo negando que fose necesaria ou que existise unha situación de perigosi – dade”.

Do mesmo xeito, o alcalde subliña que agora as veciñas e veciños de Setados teñen que recorrer preto de 2 quilómetros para dar a volta e poder entrar por ese cruce, cando esa incomodidade podería ter estado arranxada hai anos.

Xosé Manuel Rodríguez sinala o nulo interese da Xunta en solucionar este problema e coma exemplo delo invita a botar unha ollada á hemeroteca. O 11 de xaneiro de 2012-hai xa 7 anos- o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprometeuse á construción dunha ‘glorieta’, cun orzamento de 200.000€ no punto quilómetrico 10 da PO-400, dacordo co proxecto que estaba a elaborar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

Naquelas datas, o representante da Xunta afirmaba que esa ‘glorieta’ resultaba totalmente necesaria para
“solventar as complicacións da acceso a esta estrada e mellorar a seguridade desta vía”. Engadía que con

 

 

esa obra se daría servizo a 200 residentes no núcleo de Setados e concluía afirmando que solicitaría ao Go – berno galego que “axilice”a realización dese proxecto.

Deja un comentario