+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O GOBERNO DE CARMELA SILVA INICIA A CONTRATACIÓN DA CUARTA EDICIÓN DO PROGRAMA “CONECTADAS”


A iniciativa da Deputación de Pontevedra, na que participaron máis de 4.500 persoas en 2018, conta este ano cun orzamento de 324.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, en Xunta de Goberno, o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da asistencia técnica para a contratación dunha empresa especializada na execución do programa do servizo de Igualdade “Conectadas 2019”.

Máis polo miúdo, trátase dunha iniciativa que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Diríxese a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñen por obxectivo a promoción das mulleres e o apoio ao seu desenvolvemento e apoderamento, así como aos seu tecido asociativo.

“Conectadas 2019” conta cun orzamento de 324.000 euros. As accións formativas terán unha duración de 35 horas. En cada unha delas poderán participar entre 20 e 25 persoas, establecéndose un mínimo de 15 persoas. Contémplanse un total de 40 accións formativas distintas ás que optar, agrupadas en oito bloques temáticos: Muller Emprende, Muller e Cultura, Actualízate, Coas túas mans, Porque ti o fas, Súmate ao cambio, Ponte en forma e Coidados persoais. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade efectiva entre homes e mulleres. Ademais, impartirase un módulo obrigatorio de 5 horas de sensibilización na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

No pasado ano 2018, este programa de Deputación de Pontevedra chegou a máis de 4.500 persoas, a través de 306 entidades de 57 concellos da provincia.

Deja un comentario