+034 986 09 02 04 Mércores 13 de Novembro de 2019

SOUTOMAIOR RENOVARÁ UNHA DAS SÚAS TRES PISTAS DE PÁDEL


O Concello investirá 30.000 euros para modernizar a que foi a primeira pista deste deporte na comarca
Soutomaior, 26 de febreiro de 2019
O Concello de Soutomaior acaba de anunciar que renovará case por completo a que foi a primeira pista de padel do municipio e de toda a comarca. A actuación foi presentada esta mañá durante a visita do secretario xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, ao complexo deportivo da Montesiña.
A renovación da pista principal de padel supoñerá un investimento de 30.000 euros que se destinarán á substitución da maioría dos elementos do recinto. Así, o actual peche da pista, construído con ladrillo e rede metálica, substituirase por paredes de cristal, como nas outras dúas pistas do complexo deportivo. Ademais, substituirase completamente o tapete de céspede artificial da pista por outro máis moderno e de mellores prestacións. Por último, e aínda que as novas paredes translúcidas mellorarán as condicións lumínicas do recinto, substituiranse todas as luminarias da pista por novas lámpadas led.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o gran crecemento do pádel no municipio durante os últimos anos. “Esta foi a primeira pista da comarca, alá por 2008. Hoxe temos tres pistas e catro equipos federados con case 80 licenzas ademais dos 130 participantes da liga social e os nenos das escolas deportivas. Levamos varios anos apostando por este deporte e os veciños están a darnos a razón”, indicou Reguera. A visita finalizou coa entrega por parte do presidente do equipo local de pádel dunha camiseta do equipo local, co seu nome serigrafiado, ao secretario xeral para o deporte.

Deja un comentario