+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

O GOBERNO DE CARMELA SILVA FINANCIA EN MOS A MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NUNHA ESTRADA DE LOUREDO CUNHA NOVA ACHEGA DE 100.000 EUROS


Trátase dun investimento do Plan Concellos, ao través do cal a Deputación pon este ano a disposición da vila case un millón de euros, un 3,26% máis que no 2018

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe da aprobación o próximo luns pola Xunta de Goberno da Deputación dun novo investimento para Mos con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto son 100.114,61 euros para financiar a mellora da seguridade viaria nunha estrada da parroquia de Louredo. Este ano a institución provincial pon a disposición de Mos, ao través do Plan, un total de 994.935,05 euros, un 3,06% máis que no 2018.

Máis polo miúdo, a actuación consistirá por unha banda no desbrozado lateral da estrada, a limpeza de cunetas e noiros e pola outra na pavimentación da estrada que une o Alto de Barreiros e Santiaguiño, na parroquia de Louredo.

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 840.558,52 euros, o concello de Mos tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 87.819,13 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 66.557,40 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 6 traballadores e traballadoras para o concello.

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3% máis que no exercicio anterior.

Deja un comentario