+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA Á TERCEIRA EDICIÓN DE DEPOEMPRENDE NA ESO


O Pazo acolleu o acto de entrega de NIF ás cooperativas participantes con máis dun centenar de estudantes de 7 centros de educación secundaria pertencentes a 7 concellos

 

A deputada provincial, Montse Magallanes, participou está mañá no acto de entrega de NIF ás cooperativas participantes dos centros de educación secundaria seleccionados para a terceira edición do programa “DepoEmprende na ESO”, na que participan case 100 mozas e mozos de sete concellos da provincia que hoxe asistiron ao salón de plenos da Deputación.

Durante o acto o alumnado dos centros do IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES Rodeira (Cangas), IES Luis Seoane (Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño (Meaño), realizou a presentación de cada cooperativa. Posteriormente fíxose entrega do NIF a cada unha delas, ao igual que onte cos participantes en DepoEmprende na Escola, de educación primaria e educación especial.

O programa DepoEmprende para escolares componse de tres categorías: DepoEmprende na Escola para alumnado de Primaria e Educación Especial, DepoEmprende na ESO para alumnado de Secundaria e DepoEmprende na FP. Na edición deste ano de DepoEmprende participan un total de 22 centros educativos: 9 de Primaria e Especial, 7 da ESO e 6 de Formación Profesional, pertencentes a un total de 14 concellos diferentes da provincia. O alumnado total que forma parte este ano da iniciativa é de máis de 550 alumnos, e pola banda do persoal docente, están implicados preto de 60 profesoras e profesoras.

En concreto, en DepoEmprende na Escola, dirixido a educación primaria e educación especial, participan preto de 330 alumnas e alumnos de 9 centros educativos. Trátase do CEE Príncipe Felipe (Pontevedra), CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP García Barbón (Vigo), CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui, CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia), CEE Vilagarcía de Arousa e CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra). O obxectivo do programa neste etapa é crear e xestionar unha cooperativa para fabricar un produto concreto.

No que respecta a DepoEmprende na ESO, este curso participan preto de 100 alumnas e alumnos de 7 centros educativos. Son o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES de Rodeira (Cangas), IES Luís Seoane (Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño. A finalidade neste programa é poder crear cooperativas de comercio exterior e estudar iniciativa emprendedora.

E, por último, máis de 130 estudantes de Formación Profesional, pertencentes a 6 centros da provincia, toman parte este ano en DepoEmprende na FP. En concreto, trátase do IES de Rodeira (Cangas), CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Asociación EFA A Cancela (As Neves), IES Terra do Turonio (Gondomar), CFEA Lourizán (Pontevedra) e CPR San Miguel (Vigo). O obxectivo de DepoEmprende para escolares de FP é crear proxectos empresarias concretos.

Este programa impulsado pola Deputación ten acadado un notable éxito nos tres cursos que se vén aplicando, sendo o curso pasado o da súa consolidación. No curso 2017-2018 participaron nas tres categorías un total de 549 alumnas e alumnos de 21 centros educativos da provincia: 404 en DepoEmprende na Escola, 36 en DepoEmprende na ESO e 109 en DepoEmprende na FP.

 

Deja un comentario