+034 986 09 02 04 Venres 24 de Maio de 2019

A XUNTA E O CONCELLO DE VALGA COLABORAN NA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS RURAIS E NA LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS


O conselleiro do Medio Rural reuniuse co rexedor municipal para avanzar nestes e noutros aspectos relacionados coa mobilización de terras e as reestruturacións parcelarias

O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu no seu despacho de San Caetano ao alcalde de Valga, José María Bello. Ambos abordaron temas de interese para o concello, relacionados coa mellora das súas infraestruturas rurais, coa prevención e defensa contra incendios forestais ou coa mobilización de terras.

Nesta liña, avanzaron no impulso ás reestruturacións parcelarias en marcha no municipio, en concreto a de Martores-Vilares-Laceiras-Raxoi, que afectaría unha superficie de 1.124 hectáreas. O conselleiro trasladoulle ao rexedor que o seu departamento está realizando un estudo das características da zona co fin de avaliar a súa idoneidade. En relación con estes procesos, xa se tivo unha reunión cos veciños interesados.

En relación coa mellora das infraestruturas, alcalde e conselleiro analizaron as posibilidades de colaboración en relación coa posta en valor de diferentes pistas municipais. Neste sentido, cómpre lembrar que Valga beneficiarase no período 2019-2020 dunha achega de 43.183 euros dentro do plan de camiños impulsado pola consellería.

Ademais, o rexedor e o titular de Medio Rural analizaron as diferentes vías de cooperación na loita contra os lumes forestais, a través da posible mellora das dotacións do concello, fundamentalmente no que atinxe ao uso de motobomba e dun tractor para a roza de matogueira.

Deja un comentario