+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Marzo de 2019

O ENTROIDO CELEBRASE EN ARBO O VINDEIRO DÍA 10 DE MARZO


Por mor do mal tempo e alertas na zona de Pontevedra o Concello de Arbo viuse na obriga de suspender o desfile de comparsas do pasado domingo día 3 de marzo.
A nova data fixada para este tradicional evento, que reúne comparsas do Concello de Arbo, de concellos veciños da comarca condado paradanta e do país veciño Portugal, fixouse para o día 10 DE MARZO.
O Concurso de comparsas para celebrar, o próximo domingo 10 de marzo, o Entroido 2019, establecendo as seguintes categorías:
1. Para as comparsas de 15 ou mais membros, establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 450 euros. A segunda, un premio de 225 euros. A terceira un premio de 100 euros e a cuarta percibirá un premio de 50 euros.
2. Para as comparsas infantís (15 ou máis membros menores de 12 anos) establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 140 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá un premio de 30 euros.
3. Para a mellor mascarita establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 70 euros. A segunda, un premio de 35 euros. A terceira un premio de 20 euros e a cuarta percibirá un premio de 20 euros.
4. Para as comparsas de 5 a 14 membros membros establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 130 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá un premio de 30 euros.
O desfile arranca a partires das 5.:30 dende a Carballeira de Turbela, senon estas apuntado para participar, todavía estas a tempo.

Deja un comentario