+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Xullo de 2019

A CONSELLEIRA DE CULTURA E TURISMO DEMANDA INFORMACIÓN SOBRE O MUSEO DE PONTEVEDRA PARA COMEZAR A TRABALLAR NO SEU TRASPASO


Reitera a súa disposición para iniciar de xeito inmediato as negociacións fixando un calendario de reunións bilaterais coa Deputación de Pontevedra

A Consellería de Cultura e Turismo, como parte do seu compromiso para avanzar no traspaso do Museo de Pontevedra, demandou  á Deputación Provincial diversa información sobre este relevante equipamento como primeiro paso para poder iniciar as negociacións ao respecto entre ambas institucións.

En concreto, o departamento de Román Rodríguez solicitou o envío dun informe que inclúa, entre outros aspectos, os custos laborais e de mantemento de dito museo, de xeito que sirva de base para ter coñecemento e así establecer a continuación un calendario de reunións bilaterais entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación de Pontevedra.

Nunha carta remitida á presidenta de Deputación, o responsable de Cultura e Turismo da Xunta reitera o seu compromiso de lograr unha transferencia efectiva do Museo de Pontevedra, que posibilite garantir tanto a súa continuidade como o seu nivel de excelencia para que este importante museo pontevedrés continúe a ser un referente para Galicia.

Co desexo de avanzar neste traspaso, Román Rodríguez apelou á necesidade de avanzar neste obxectivo común, expresado por ambas partes, para o que considera apropiado programar con previsión unha axenda de traballo en base á documentación solicitada.

Deja un comentario