+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Xullo de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

PRETO DE 200 DEPORTISTAS XA SON “DEPO-DAN” E “DEPO-PROMESA” A NOVA MARCA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


Os mozos e mozas que conseguiron esta marca de alto rendemento deportivo poderán optar ás bolsas que este ano contarán cun orzamento de 200.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de publicar hoxe no BOPPO a listaxe definitiva de mozos e mozas deportistas da provincia que obtiveron o recoñecemento da marca na categoría de deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) e na de deportistas promesa (DEPO-PROMESA). Estes dous listados están formados por preto de 200 deportistas que optarán ao programa de axudas que actualmente a institución provincial ten en período de tramitación.

A nova marca de alto rendemento deportivo da Deputación conta con 116 deportistas na categoría DEPO-DAN e 74 en DEPO-PROMESA, en total 87 mozas e 103 mozos. Estas dúas categorías reflicten a imaxe de marca provincial para fomentar e recoñecer ás e aos deportistas de alto nivel ao abeiro do Plan Estratéxico de Deportes da Deputación.

Máis polo miúdo, en canto categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN), obtiveron a marca da Deputación deportistas dos seguintes concellos: A Estrada (3), A Guarda (4), Barro (1), Cambados (1), Cangas (10), Catoira (3), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), Illa de Arousa (2), Lalín (1), Marín (3), Moaña (4), Mos (1), O Grove (5), Oia (1), Poio (3), Pontevedra (26), Salceda de Caselas (2), Salvaterra do Miño (1), Sanxenxo (3), Tomiño (2), Tui (12), Valga (1), Vigo (20), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía de Arousa (2), Vilanova de Arousa (1).

Por deportes, estarán representados na categoría DEP-DAN as Federacións de: Piragüismo (49), Vela (13), Atletismo (9), Taekwondo (8), Remo (6), Triatlón (5), Loita (5), Deportes de Inverno (2), Ximnasia (2), Ciclismo (2), Judo (2), Karate (2), Tiro (2), Automobilismo (1), Bádminton (1), Caza (1), Esgrima (1), Motoclismo (1), Natación (1), Patinaxe (1), Squash (1), Tenis (1).

 

 

Pola súa banda, en canto ás e aos deportistas que obtiveron a marca DEPO-PROMESA, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, pertencen aos seguintes concellos: A Estrada (1), A Guarda (1), Caldas de Reis (1), Cambados (1), Cangas (2), Gondomar (2), Marín (2), Moaña (6), Moraña (1), O Grove (4), O Rosal (1), Poio (2), Ponteareas (2), Pontecesures (2), Pontevedra (16), Salvaterra (2), Tomiño (5), Tui (1), Valga (1), Vigo (17), Vilagarcía (2), Vilanova de Arousa (2).

Nesta marca están representados os seguintes deportes: Piragüismo (26), Taekwondo (12), Ximnasio (9), Bádminton (6), Esgrima (4), Judo (4), Vela (2), Baile deportivo (2), Kickboxing (2), Atletismo (2), Tenis de Mesa (1), Motociclismo (1), Patinaxe (1), Tenis (1), Xadrez (1).

As e os 189 deportistas incluídos nesta listaxe como DEPO-DAN e DEPO-PROMESA poderán optar ás becas que está tramitando a Deputación de Pontevedra co fin de posibilitarlles a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2019 e así axudarlles a consecución dos logros que lles permitan conseguir a súas futuras metas deportivas.

As becas serán concedidas en función dos resultados deportivos acadados nos anos 2017 e 2018. O campionato que se certifique será o ultimo levado a cabo pola federación correspondente, posto que nalgunhas modalidades algunhas probas lévanse a cabo cada 2 anos.

Deja un comentario