+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Xullo de 2019

CONCELLO DE NIGRÁN E AQUALIA INFORMAN AOS VECIÑOS DE PRIEGUE E NIGRÁN DAS VANTAXES QUE SUPÓN SOLICITAR O ENGANCHE AO SANEAMENTO ANTES DE QUE REMATEN AS OBRAS


 

A ampliación da rede estase a executar actualmente en Lagoíña, Labrego e Xestal (Nigrán) e Palomar (Priegue-Nigrán)

 

O Concello de Nigrán e Aqualia están a informar aos veciños de Nigrán onde se están a rematar as obras de ampliación do saneamento (Lagoíña, Labrego e Xestal en Nigrán e Palomar en Priegue e Nigrán) das vantaxes que implica solicitar a conexión ao mesmo antes de que rematen as obras para facer a acometida nese intre. Mentres duren estes traballos o Concello poderá axilizar a súa tramitación e executar inmediatamente as coñexións, reducíndose considerablemente o custo económico ao non precisar de novas autorizacións nin reposición de elementos.

Trátase de tres zonas con gran concentración de vivendas, Palomar atravesa os barrios de Nogueira e Sanromán (parroquias de Nigrán e Priegue) e Xestal e Lagoíña os barrios de Ceán, A Barxa e Lagoíña (parroquia de Nigrán). Os traballos, cun orzamento de 142.780 € ao cargo do Plan Concellos 2018, corren a cargo de Sitexca e teñen como cometido construír novos ramais. Poden dividirse en dúas zonas de actuación: por unha banda, na zona de Lagoíña e Xestal en 250 metros da EP-2101 (antigamente PO-3323) e por outro na rúa Palomar, entre San Román e A Tarela. Os colectores de saneamento que se instalarán baixo gabia serán de PVC de 250 mm de diámetro e o de abastecemento de Xestal de 63 mm. A reposición do firme realizarase coas mesmas características do existente.

Compre suliñar que toda vivenda situada a menos de 50 metros da rede de saneamento ten a obriga de conectarse á mesma por unha cuestión de saúde e protección medioambiental, polo que os propietarios das casas nesta situación deben realizar a súa solicitude directamente na oficina de Aqualia en Nigrán (Avda. Val Miñor, 2 – Baixo; de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas).

Deja un comentario