+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

MARÍN CONMEMORA A PRIMEIRA SENTENZA DITADA EN LINGUA GALEGA NO PARTIDO XUDICIAL


O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística en colaboración coa Consellería de Cultura e o Concello

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e co Concello, para conmemorar a primeira sentenza en lingua galega ditada nos xulgados da vila pontevedresa. A primeira parte desta conmemoración celebrouse na Casa de Concello e a segunda no edificio dos xulgados, onde se descubriu unha placa que deixou constancia do ditame da primeira sentenza en lingua galega no partido xudicial de Marín.

O secretario xeral lembrou “os esforzos dos que foron pioneiros en abrirlle ao galego un ámbito en que aínda non hai tanto que imperaba de maneira absoluta o castelán”, pero tamén se referiu ás “persoas e institucións que seguen traballando hoxe pola xustiza en galego e polo galego na xustiza”, así como aos “avances recentes, que a todos os que avogamos pola normalización lingüística nos poden parecer lentos, pero que son seguros e non teñen volta atrás”.

Xunto con Valentín García, interviñeron no acto María Ramallo, alcaldesa de Marín; Xoaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega; os maxistrados Sandra Piñeiro e Xermán Varela e mais o avogado Avelino Ochoa.

Deja un comentario