+034 986 09 02 04 Venres 13 de Decembro de 2019

O GOBERNO LOCAL DE CAMBADOS CONSIDERA INACEPTABLE A ACTITUDE DO PP EN MATERIA DE SEGURIDADE


O Goberno local de Cambados considera inaceptable a actitude do Partido Popular de tentar bloquear a acción de goberno en materia de seguridade, creando un conflito de forma artificial e irresponsable

A filtración da nómina do xefe da Policía Local non é máis que un novo capítulo dunha manobra orquestrada co único obxectivo de desgastar ao Goberno confundindo aos cidadáns, sen ter en conta o prexuízo á poboación nin o dano á reputación das persoas afectadas. Unha proba máis da política mezquina, ausente de principios e de ética algunha que vén aplicando o Partido Popular desde que foi desprazado á oposición.

Resulta incomprensible que o Partido Popular presente unha moción na que solicita que se reforce o persoal da Policía Local cando é plenamente consciente da imposibilidade legal de facelo. A lentitude @de la Xunta para aprobar o expediente de contratación de auxiliares impedirá tamén ao Concello de Cambados contar cun reforzo do persoal o próximo mes de abril, en Semana Santa, data na que o municipio recibe a visita de miles de persoas e necesita, por tanto, un reforzo de seguridade.

A alcaldesa de Cambados, a socialista Fátima Abal, reprocha ao portavoz do PP, Luís Aragunde, as constantes contradicións como portavoz da oposición. “Pedir un reforzo do persoal, cando sabe que é inviable, e criticar que se paguen horas extras aos traballadores que aceptan reforzar
un servizo só pódese entender como un intento desesperado de desacreditar ao Goberno
de Cambados, cunha absoluta falta de rigor e sen ningún sentido da responsabilidade”.

Con respecto ao período do Nadal, data na que o Goberno local recorreu ao xefe da Policía Local para reforzar a seguridade na noite de Fin de Ano e a noite e Reyes, Fátima Abal explicou que foron dúas xornadas especialmente delicadas nas que o xefe de policía renunciou ao seu descanso para suplir aos axentes que non accederon a reforzar o servizo nas mencionadas noites.

Este Goberno non vai ceder ante a reprochable actitude da oposición e implementará as medidas necesarias para garantir a seguridade dos cidadáns. Como non pode ser doutro xeito, todos os pagos están fiscalizados e abonouse e abonará as horas extras a quen as realice, así como os complementos que por lei correspondan a cada traballador, cun rigoroso cumprimento da normativa vixente e dos dereitos de todo o persoal municipal.

O Goberno local advirte a quen trata de sacar rendemento político deste conflito que en política non todo vale, e a que mediocridade foi censurada nas urnas en 2015 e volverá ocorrer en 2019..

Deja un comentario