+034 986 09 02 04 Venres 23 de Agosto de 2019

300 MOSENSES PARTICIPAN NUNHA CEA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Celebrouse o pasado sábado e forma parte da programación municipal organizada durante o mes da muller

Dentro da programación municipal conmemorativa do Día Internacional da Muller o Concello de Mos organizou unha Cea Baile baixo o título “Son Muller” que se celebrou o pasado sábado16 de marzo logrando congregar a 300 mulleres mosenses.

O encontro ía dirixido a mulleres maiores de 18 anos e realizouse no Pavillón Óscar Pereiro dando comezo ás 22.00 horas. Contou con varias actuacións musicais e participaron diversas mulleres mosenses destacadas como é o caso da bailarina Patricia Martínez.

Tamén asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as dúas mulleres concelleiras integrantes do equipo de goberno local, Sara Cebreiro, responsable dos departamentos de Política Social, Cultura e Turismo, Réxime Interno e Persoal, e Julia Loureiro, que dirixe as concellerías de Participación Cidadá e Urbanismo.

Tratouse dunha velada agradable e divertida na que as participantes puideron poñer en valor o papel da muller na sociedade e compartir vivencias, experiencias e anhelos cos que contribuír a avanzar no camiño aínda por percorrer ata acadar a igualdade real de xéneros.

Deja un comentario