+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA FINANCIA SEIS NOVAS ACTUACIÓNS EN FORNELOS COA LIÑA 1 DO PLAN CONCELLOS


Con preto de 222.000 euros levaranse a cabo obras de renovación e mellora de servizos, espazos e camiños públicos e a adquisición de materiais no municipio

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións presidenciais, seis novos investimentos para o concello de Fornelos de Montes ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 216.792,57 euros.

Máis polo miúdo, destinaranse 49.998,78 euros para financiar a remodelación e dotación da Praza da Igrexa e da Rúa das Escolas; 40.450,56 euros para a renovación da traída de auga en Ventín; 48.235,69 euros para a renovación de pavimento e drenaxe en camiños municipais de Ventín, Traspielas e Calvos; 46.355,71 euros para a mellora das condicións de viabilidade e da seguridade viaria en camiños municipais de Oitavén, A Laxe, Ventín e Calvos; outros 11.051,83 euros para o subministro de material de seguridade viaria; e, por último, 20.700 euros para a adquisición de material para mantementos.

Deja un comentario