+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

O CONCELLO RENOVA A ILUMINACIÓN DA RECTA DO PEÓN, EN BELUSO


A actuación realízase con fondos públicos e o investimento ascende a preto de 18.000 €
O Concello de Bueu está levando a cabo a renovación dun total de 74 luminarias tipo LED na Recta do Peón, na parroquia de Beluso. A actuación, con cargo a fondos propios, débese a unha banda debido a unha avaría detectada antes de finais do ano 2018 que provocou a desconexión dun terzo das farolas deste lugar. Con todo, trátase dunha substitución integral que suporá unha redución de consumo e económico, pois as luminarias que antes eran de 150 vatios, agora son de 40. Así, tal e como salientou o alcalde, Félix Juncal, “conséguese tamén unha mellora na iluminación, debido a que este sistema permite espallala mellor pola largura do vial”.
A actuación conta cun investimento de preto de 18.000 € e únese ás outras que o goberno local foi levando a cabo polas diversas zonas do municipio co fin de lograr unha redución do consumo e do gasto público.

Deja un comentario