+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN COMEZA AS OBRAS PARA ESTABILIZAR A ESTRADA PROVINCIAL VALGA-MARTORES


O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que se instalarán varias pezas prefabricadas de formigón armado para canalizar o rego que pasa baixo a vía

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai iniciar nos vindeiros días as obras de estabilización da estrada provincial EP-8501 Valga-Martores, no Concello de Valga. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, os traballos consistirán na construción dunha nova canalización para as augas do rego afluente ao río Valga que pasa baixo a vía provincial, cunha drenaxe que aumentará a capacidade do regato e que aportará firmeza e equilibrio á estrada para o tránsito de vehículos.

As obras durarán uns tres meses se non se producen complicacións e serán responsabilidade da empresa ‘Excavaciones y Construcciones Pérez Portela SL’, que resultou adxudicatoria da actuación ao presentar unha oferta de 110.619,66 euros. O paso do rego, situado no punto quilométrico 0+300, facíase ata o de agora a través dun bueiro e muros de pedra en mal estado que quedaran sen reformar cando se fixo a reurbanización da estrada.

As actuación consistirá na instalación de varios marcos formigón armado prefabricados (de 4×1,5×1,5) que deixarán un van amplo para que a auga cruce pola súa canle orixinal. Estes marcos deberán ser colocados cun guindastre de grandes dimensións para crear unha estrutura que garantirá o desaugue do regato e fará que o taboleiro da estrada teña garantías de estabilidade.

Instalaranse servizos, darase máis sección á plataforma, construiranse beirarrúas e pavimentarase a calzada coa súa correspondente sinalización horizontal. Tamén se instalaran varandas de aceiro galvanizado e lacado a ambos lados da estrada, xusto por riba do paso do regato. Para dar continuidade á vía e resolver o problema da auga será preciso modificar lixeiramente a traza da estrada e afectar a 200 metros cadrados dunha propiedade particular.

Deja un comentario