+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

O CONCELLO FIXA O SEU ORZAMENTO 2019 EN 4,11 MILLÓNS CUNHA FORTE APOSTA POLOS SERVIZOS SOCIAIS E A CONTENCIÓN FISCAL


Destínanse 556.000 euros a políticas sociais, o que supón unha media de 95 euros por habitante, e a presión fiscal mantense en 207 euros

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de presentar o seu proxecto de Orzamento Municipal 2019, que está fixado en 4.119.740 euros e que destaca pola forte aposta polos Servizos Sociais e pola consolidación da contención fiscal tras a aprobación de tres rebaixas tributarias e a supresión do imposto de obras hai dous exercicios.

As contas para o presente ano, que se debatirán no pleno do vindeiro martes, diminúen nun 19% con respecto ás de 2018, no que alcanzaron os 5,1 millóns. Os motivos deste descenso son a fixación dun teito de gasto de 4,2 millóns por parte dos servizos técnicos e a forte reducción do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que optou por xuntar practicamente toda a súa aportación correspondente cos anos 2018 e 2019 no pasado exercicio e que minguou ao mínimo a transferencia desta partida para o presente.

“Coas circunstancias que temos o noso Orzamento debe situarse todos os anos nuns 4,5 millóns de euros, que é case un 50% máis do que manexabamos por separado antes da fusión, pero a estratexia da Deputación co Plan Concellos aportando case dúas anualidades xuntas no exercicio precedente ás eleccións motivou que o ano pasado nos foramos por riba dos cinco millóns e que neste nos quedaramos uns 400.000 euros por debaixo do que vai ser o noso orzamento medio nos vindeiros exercicios”, detallou o presidente municipal, Jorge Cubela.

Polo demais, as contas de 2019 presentan, no balance de ingresos, unha aportación de 2,6 millóns de euros do Estado e da Xunta e uns ingresos por impostos e taxas municipais de 1,2 millóns de euros, o que supón que a presión fiscal por habitante será de 207 euros, unha das cinco máis baixas da provincia.

En canto aos capítulos de gastos, o Concello vai facer unha forte aposta polos Servizos Sociais, xa que se destinarán a esta área un total de 556.000 euros, o que supón unha media de 95 euros por habitante, xa moi preto do listón dos cen que está catalogado como “excelencia social” pola asociación estatal de directores e xerentes desta labor. “Xusto antes da fusión investíamos uns
55 euros por habitante en Servizos Sociais e, en apenas tres exercicios, imos incrementar esa cifra en máis dun 70%”, describíu Cubela.

Deja un comentario