+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE UN CURSO GRATUÍTO DE ELABORACIÓN DE LICORES TRADICIONAIS E CONSERVAS CASEIRAS


O prazo de inscrición está aberto ata o luns 8 de abril. Teñen prioridade os empadroados no municipio
O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de elaboración de licores tradicionais e conservas caseiras que se desenvolverá do 13 de abril ao 25 de maio no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52) tendo prioridade os empadroados no municipio. Os interesados poden inscribirse ata o 8 de abril na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar as 20 prazas ofertadas. As clases terán lugar o 13 e 27 de abril e 11, 18 e 25 de maio de 16:00 a 19:00 horas, sendo un total de 18 horas.
O temario inclúe aprender a facer licores tradicionais e nas conservas encurtido de calabacín ou outra hortaliza, embotado de tomate e marmelada de laranxa. Os que desexen elaborar conservas e licores para levar para casa deben levar o seu propio material cos produtos que se lle indiquen.

Deja un comentario