+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

BELÉN VILLAR CONSIDERA UNHA PRIORIDADE APROBAR O PLAN XERAL SE É ELIXIDA ALCALDESA


Entre outras accións a desenvolver, priorizará o rural, o centro urbán e o Plan Parcial de A Lomba
A voceira e candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, avanzou hoxe outra das súas propostas electorais: a aprobación do Plan Xeral. “O documento está parado por culpa do alcalde e Ponteareas non pode medrar sen a súa aprobación. Represas e o seu goberno tripartito non aprobaron o Plan Xeral neste mandato, porque non teñen o documento analizado nin presentada unha proposta ao Pleno. É falso que a Xunta fixese o documento que manexa o Goberno, porque a Xunta non fai plans urbanísticos, tan só infórmaos en base á Lei do Solo. Neste caso, ademais, a Xunta non coñece o documento definitivo porque aínda non foi enviado”, afirmou Belén Villar.
A candidata do PP explicou as medidas que tomará se é elixida alcaldesa, xa que a aprobación do PXOM é unha prioridade absoluta. Por tanto:
 No rural, eliminar a diseminación (separación) dos núcleos de vivendas. Revisar o crecemento futuro en cada parroquia e apostar polo crecemento no rural de novas edificacións. Revisar as vivendas fóra de ordenación. Revisar lindes entre parroquias e con outros municipios. Colocar correctamente o nome dos barrios que están fóra de lugar
 No centro urbán, revisar as diferentes áreas de crecemento e edificabilidade
 
Aprobar un Plan Parcial para A Lomba. Ter uns terreos industriais onde as empresas existentes poidan crecer e as novas poidan instalarse e xerar emprego
Así, Belén Villar considera que Ponteareas non pode permanecer máis tempo sen o Plan Xeral e “por iso comprométome a que sexa unha das miñas prioridades”, concluiu.

Deja un comentario