+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

APROBADA A PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DA OBRA QUE DARÁ SERVIZO DE SANEAMENTO A MÁIS DE 20 VIVENDAS EN PEREIRAS


O orzamento base de licitación supera os 151.000 euros e o prazo de execución é de 3 meses

A Xunta de Goberno do Concello de Mos celebrada esta mañá aprobou a proposta de adxudicación da obra de ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Pereiras-Ramal Sur.

Trátase dun proxecto de ampliación da rede de saneamento na parroquia de Pereiras que ten como obxectivo ampliar a rede de saneamento existente na parroquia, para o que se proxectan colectores de PVC de 315 mm de diámetro que funcionarán por gravidade ata as conexións con pozos existentes.

As obras consisten na execución de novos colectores de saneamento que amplían e melloran a rede municipal, dando servizo á parroquia de Pereiras no núcleo de As Vides, Couso e Xaberga.

Realizarase a execución dun colector de 992,82 metros de lonxitude e 315 mm de diámetro, que resolverá a conexión de máis de 20 vivendas. Dito colector conectará cun pozo existente, no camiño das Lagoas.

A maior parte deste tramo execútase baixo viais municipais, polo que se prevé a reposición do paquete de firmes.

O orzamento base de licitación desta obra ascende a 151.285,63 euros e o prazo de execución será de 3 meses.

Este proxecto supón a continuidade da obra de acometida do saneamento en Roublín que foi rematada e recepcionada a finais de xuño do ano pasado. As obras en Roublín consistiron na execución de nove ramais de colectores que finalizan nun pozo de bombeo, e a súa correspondente impulsión.

Deja un comentario