+034 986 09 02 04 Mércores 26 de Setembro de 2018

Turismo de Galicia promociona a oferta turística da comunidade no ‘Salon des Vacances’, o certame turístico máis importante de Bélxica


Un dos principais puntos de encontro das feiras turísticas europeas no que profesionais e público do mercado belga se reúnen para coñecer as principais novidades do sector

O recinto feiral Brussels Expo acolle o Salon das Vacances onde Turismo de Galicia promoverá un ano máis, ata o vindeiro domingo 8 de febreiro, a oferta turística da comunidade.

Trátase dun dos principais puntos de encontro das feiras turísticas europeas. Un foro no que profesionais e público do mercado belga se reúnen no maior evento turístico do país para coñecer as principais novidades do sector.

Neste sentido, o Salon deas Vacances é unha plataforma crecente da mercadotecnia directa polo que a presenza de Turismo de Galicia é fundamental para dar a coñecer a oferta da comunidade de forma directa tanto o turista xa a coñece como ao que en potencia busca confirmar a súa elección da man dun experto.

Tras máis de medio século de andaina, este certame consolidouse como escaparate do turismo internacional ante numerosos visitantes e profesionais que acoden ano tras ano á cita. Este ano 2015 celébrase a 57 edición deste encontro, que contará con máis de 800 expositores. A súa asistencia media en cada edición é dunhas 100.000 persoas. En concreto, na pasada edición asistiron un total de 100.576.

Os visitantes deste certame no espazo galego adoitan ser viaxeiros que planifican e organizan individualmente as súas vacacións, programando estadías de entre sete e quince días. Tamén a marca España Verde está moi consolidada neste mercado e un gran numero de viaxeiros belgas a Galicia percorren as comunidades que a conforman, iniciando o seu percorrido no País Vasco e rematando na nosa comunidade. Outra variante de viaxeiro tamén opta por iniciar en Galicia a súa viaxe e concluír en Portugal. Para facer estes percorridos o medio de transporte máis habitual escollido polos viaxeiros belgas é o vehículo propio.

No pasado ano 2014, os turistas procedentes de Bélxica supuxeron o 1,8% do total do turismo internacional recibido na nosa comunidade durante o dito período de tempo. Deste xeito, no pasado ano, máis de 16 mil turistas belgas realizaron en Galicia un total de 27.700 pernoitas.

ConfecRED 2015
Por outra parte, Turismo de Galicia participa ata o vindeiro luns 9 de febreiro na xuntanza de traballo ConfecRED 2015, o principal foro de encontro entre provedores e destinos turísticos europeos con axentes británicos especializados no mercado de turismo de negocios –congresos, convencións e reunións de empresa-.

Nesta ocasión, Turismo de Galicia manterá encontros con 25 operadores turísticos británicos.

O mercado británico representou no pasado ano 2014 o 6,5% do total da demanda turística internacional de Galicia situándose en sexta posición no ranking de principais mercados, solo por detrás de Portugal, Alemaña, Francia, Italia e EE.UU.

Deste xeito, no 2014 Galicia recibiu 61.543 viaxeiros británicos que fixeron máis de 115.000 pernoitas, cifras que superan nun 4,7% e nun 1,5% -respectivamente- o dato do anterior ano 2013.

Deja un comentario