+034 986 09 02 04 Luns 22 de Xullo de 2019

ARCADE RECIBE A MÁIS DE 20.000 VISITANTES NA XXXIII FESTA DA OSTRA


O clima non impediu a afluencia masiva ás verbenas nocturnas e ao tradicional pregón
A XXXIII Festa dá Ostra de Arcade recibiu a miles de visitantes esta fin de semana ansiosos por degustar este prezado molusco. A pesar de que o bo tempo non acompañou a celebración, o recinto portuario mantívose cheo desde a apertura das casetas. A celebración terminou co tradicional pregón, que este ano estaba ao cargo da actriz e presentadora, Neves Rodríguez.
A celebración gastronómica, unha das máis importantes de Galicia e considerada de Interese Turístico desde 2002, segue crecendo ano tras ano, convertendo á localidade costeira de Soutomaior nun fervedoiro de xente. No recinto, o molusco exaltado ofrecíase a 8 euros a ducia ademais de botellas de viño albariño e ribeiro como acompañamento.
Nesta segunda xornada festiva as principais formacións musicais da localidade, a Banda de Música Cultural e a Agrupación Artística de Arcade, puxeron a sintonía nos seus pasacalles durante a mañá. Ás 10 horas abríronse as casetas para atender aos primeiros visitantes que acudiron animados por unha inesperada asollada mañá. Co recinto da festa repleto de visitantes, ás 13:00 horas deu comezo o tradicional pregón de man da actriz e presentadora da Televisión de Galicia, Neves Rodríguez.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou que “a pesar do mal tempo que fixo o venres e o sábado pola mañá foi unha boa edición. Tanto as actividades diarias como as verbenas nocturnas contaron con moitísimo público e participación”.

Deja un comentario