+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SÚMASE ESTE XOVES ÁS ACCIÓNS DO DÍA MUNDIAL DO PARKINSON


Deputadas e deputados participarán en actos de apoio que se celebran na provincia para manifestar o apoio ás familias e persoas afectadas coa enfermidade

A Deputación de Pontevedra súmase este xoves, 11 de abril, á celebración do Día Mundial do Párkinson, co obxectivo de reivindicar unha maior sensibilización e concienciación sobre a enfermidade que en Galicia afecta a máis de 13.000 persoas, das cales ao redor do 25% viven na provincia de Pontevedra.

Para a institución provincial é fundamental sumarse a estas iniciativas que teñen por obxectivo concienciar á cidadanía, sensibilizar á sociedade e visibilizar doenzas como o Párkinson que xa é a segunda enfermidade neurodexenerativa, tralo Alzheimer, con maior número de persoas afectadas. Neste eido, a Deputación de Pontevedra participará en actividades impulsadas na provincia polas asociacións de persoas que sofren Párkinson para manifestar o seu apoio institucional ás familias e persoas que padecen a enfermidade, que xa afecta á máis de 7 millóns de persoas en todo o mundo.

A Organización Mundial da Saúde decidiu no ano 1997 celebrar o 11 de abril o Día Mundial do Párkinson en homenaxe á data de nacemento de James Párkinson, o científico que deu nome á enfermidade ao definir no século XIX a sintomatoloxía da “Parálise Axitante”, como se coñecía naquel momento a doenza.

Deja un comentario