+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

O ALCALDE DAS NEVES VIAXA A BRUXELAS PARA TRASLADAR AOS RESPONSÁBEIS EUROPEOS A REALIDADE DA PROLIFERACIÓN DO EUCALIPTO EN GALICIA E A SÚA RELACIÓN COS INCENDIOS FORESTAIS


O alcalde das Neves, Xosé M. Rodríguez Méndez, viaxa este xoves a Bruxelas para manter unha entrevista con Karmenu Wella, número dous da Comisaría de Medio Ambiente, e coa directora de Coordinación de Cambio climático.

Rodríguez Méndez, acude á capital europea xunto cos rexedores de Baños de Molgas, Rianxo e Ribadeo, ademais de voceiros de diferentes plataformas ambientais galegas.

En Bruxelas, acompañados da eurodeputada do BNG Ana Miranda, impulsora deste encontro, trataran sobre o aumento da superficie adicada en Galicia á plantación de eucalipto e a súa relación directa co incremento dos incendios forestais.

Coma sinalou en varias ocasións Ana Miranda, a Comisión Europea carece de datos certos sobre a plantación de eucalipto en Galicia que, segundo os estudos sobre o terreo, supera, en máis do dobre as 250.000 hectáreas autorizada polo actual Plan de Desenvolvemento Rural do ano 1992.

Os alcaldes e a eurodeputada do Bloque trasladarán aos responsábeis comunitarios de Medio Ambiente que a realidade é que na hoxe a superficie ocupada por esta especie invasora supera as 500.000 hectáreas, o dobre do establecido no vixente plan.

Así mesmo, durante a xuntanza, os alcaldes solicitarán á Comisión Europea que tome as medidas necesarias para a erradicación do eucalipto das zonas poboadas e que, ao mesmo tempo, se impulse dende a Unión Europea un plan de ordenación forestal que permita recuperar o uso da terra coma instrumento económico.

Deja un comentario