+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

«TERRAS DO MIÑOR III» realizou unha xornada formativa sobre licores e Augardentes Galegas


O Obradoiro de Emprego «TERRAS DO MIÑOR III», promovido por La Mancomunidad de Concellos do Val Miñor e cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo acolleu o día de hoxe a celebración unha dobre xornada formativa impartida por persoal do «Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia» e por persoal da Asociación Galega de Camareiro.
A primeira xornada foi impartida por Carmen Otero en representación do Consello Regulador. O obxectivo foi dar a coñecer aos alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais, os distintos procesos de elaboración e características das Augardentes e licores tradicionais Galegos, tamén puideron participar nunha cata guiada ampliando así os seus coñecementos no mundo dos licores.
A segunda xornada, foi impartida por Jurjo Fernández Presidente de la Asociación, quen deu a coñecer o funcionamento e as actividades, que desenvolve a devandita asociación así como as últimas tendencias no mundo da coctelería.
Coa colaboración de Adrián Villa e Guillermo González, en representación da asociación asistiron á elaboración de catro bebidas relacionados coas últimas tendencias, dous deles baseados no uso de «Augardentes Brancas Galegas».

Deja un comentario