+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Xullo de 2019

O INFORME DE INTERVENCIÓN RATIFICA OS DATOS ECONÓMICOS DO CONCELLO DE SALCEDA QUE O PP CUESTIONOU


Despois de que o Equipo de Goberno de Movemento Salceda fixese públicos os resultados económicos do Concello para o ano 2018, o Partido Popular cuestionouse ditos datos acusando ao Goberno de enganar á cidadanía. Dende Movemento Salceda amosan a súa sorpresa ante a falta de respecto, unha vez máis, do portavoz do PP cara a figura do interventor municipal, cuestionándose os datos emitidos por este habilitado nacional. Acláranlle tamén dende Movemento Salceda ao portavoz do PP que os datos de superávit recollidos no informe do interventor obtéñense unha vez aplicados os gastos do REC, polo que non teñen ningún sentido as diferentes acusacións vertidas polo PP.
Sen dúbida resulta esperpéntica a crítica á asociación de provedores, encargada de xestionar os recursos ante os xulgados para que os provedores poidan cobrar cada vez que PP e PSOE deciden bloquear os pagos do Concello. Xa non é a primeira vez que o portavoz do PP critica a máis de unha asociación de Salceda, sempre con fins partidistas. A asociación de provedores traballa e actúa polo ben dos provedores cos que o Concello mantén débedas, e é moi relevante en palabras da propia asociación que “ninguén se dirixiu a nós para pedirnos que o excluísemos da reclamación, mais ben todo o contrario, foron moitos os provedores que nos fixeron chegar o seu agradecemento e apoio nas reclamacións”. O portavoz do PP minte tamén cando afirma que ninguén se puxo en contacto con eles como afectados, pois dende a Asociación confirman a remisión dun correo electrónico ao partido informándolles do proceso; correo electrónico que non foi respostado polo PP, polo que foron incluídos na reclamación ó igual que o resto de provedores.
Loli Castiñeira: “Somos un Goberno serio e así o avala o informe de intervención. O portavoz do PP de Salceda non sabe interpretar as cifras dun informe oficial, e polo tanto non está nin capacitado nin lexitimado para asumir tarefas de Goberno nin en Salceda nin en ningún sitio”.
Marcos Besada: “Lembrámoslle a Santiago Rodríguez que dende a nosa chegada ao Goberno no ano 2007 tódalas facturas entran por Rexistro no Concello, polo que a frase “escondidas no caixón” deixou de ter sentido cando deixou de gobernar o PP, pois no seu mandato si que as facturas durmían nos diferentes caixóns sen pasar por rexistro”.

Deja un comentario