+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Xullo de 2019

CANDIDATURA PSdeG-PSOE DE CAMBADOS PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2019


O Partido Socialista de Cambados presentou no Auditorio da Xuventude a súa candidatura ás eleccións do vindeiro mes de maio, que estará encabezada pola actual alcaldesa, Fátima Abal Roma, e integrada por 11 mulleres e 9 homes que representan as cinco parroquias cambadesas. Fátima Abal estivo arroupada por Carmela Silva e por David Regades e outros compañeiros da provincia como Paula Fernández ViceSecretaria Xeral ou o Ex Alcalde de A Illa de Arousa Manel Vázuez, que destacaron o talante negociador e participativo da candidata, que contribuiu de forma decisiva á transformación iniciada en Cambados por un cuatripartito liderado pola socialista.

Os socialista presentaron tamén un vídeo no que Fátima Abal é protagonista e que a partir do domingo poderá verse nas redes sociais do psoe de Cambados así como o seu lema de precampaña “A Alcaldesa” cunha imaxe corportativa coa que se presentarán os membros da candidatura.

Fátima Abal puxo en valor o traballo realizado durante estes catro anos, como por exemplo a declarción da Festa do Albariño como Festa de Interés Turístico Internacional gracias ó traballo realizado polo departamento de Turismo que dirixe a concelleira Mila Martínez ou a primeira vez que se colgou no Concello a Bandeira LGTBI ademais de contar por primeira vez na historia de Cambados cunha concellería de Igualdade. Puxo ademáis en valor a diferente forma na que os socialistas gobernamos na provincia e o referente que Carmela Silva supuxo para todos nos a fronte da Deputación de Pontevedra

Abal Roma, que ten conformado un equipo forte, unido e cohexionado, preparado para gobernar Cambados; con experiencia e ampla vinculación co tecido asociativo, foi presentando aos candidatos que a acompañarán no obxetivo de conservar a Alcaldía de Cambados. Así Samuel Lago ocupará o número 2 (enxeñeiro técnico agrícola que traballa en Unións Agrarias con ampla experiencia de xestión municipal); o posto número 3 é para a secretaria de Organización Cruz Leiro; David Mesías será o número 4 (natural de Castrelo é oficial da construción e Presidente do Beiramar CF.); o posto número 5 é da actual concelleira Mila Martíñez; Rita Yánez, ocupa o posto número 7 (canaria de nacemento pero leva vivindo en Cambados 32 anos, foi cofundadora do clube de voleibol XAV Cambados e é persoal laboral en Correos); Karen Valencia participa por primeira vez en política e ocupa o posto 13 (naceu en Perú pero vive e traballa en Cambados dende hai 15 anos. É xerocultora); Tania Charlín é a máis nova da candidatura, con 26 anos participa por primeira vez en política, é dependenta nun estanco e ocupa o número 15.

A secretaría xeral da Agrupación, Regina Núñez vai no posto número 13 e repiten na candidatura os militantes históricos Manuel Pérez, número 10 e José Ramón Costa, número 16

1 FÁTIMA ABAL ROMA

2 SAMUEL LAGO OZÓN

3 MARIA CRUZ LEIRO PEÑA

4 DAVID MESIAS FERNÁNDEZ

5 MILAGROS MARTINEZ PIÑEIRO

6 JOSE FONTENLA LEIRO

7 RITA YÁNEZ NODA

8 DANIAL DÍAZ DIREITO

9 ANA MARTÍNEZ RIAL

10 MANUEL PÉREZ BESADA

11 REGINA NUÑEZ MOSTEIRO

12 MANUEL LOIS PORTAS

13 KAREN FANCIS VALENCIA CASTILLO

14 EUGENIO CHAVES CHAVES

15 TANIA CHARLÍN MONDRAGÓN

16 JOSÉ RAMÓN COSTA CORDAL

17 LUCÍA REBOREDO CHAVEZ

 

SUPLENTES

18 CLAUDINO BOUZADA MIGUÉNS

19 IRIA CORDAL VIEITES

20 LUCÍA CHAVES ARAGUNDE

Deja un comentario