+034 986 09 02 04 Venres 26 de Abril de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ADXUDICA OS PRIMEIROS 130 OBRADOIROS DE “DEPO EN MARCHA 2019” PARA ENTIDADES DE 40 CONCELLOS DA PROVINCIA


En total rexistráronse preto de 300 solicitudes para estas actividades que pretenden favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores

A Deputación de Pontevedra adxudicou os primeiros 130 obradoiros do programa “Depo en Marcha 2019” para 130 entidades de 40 concellos da provincia. En total, rexistráronse 295 solicitudes para estes obradoiros, dirixidos a entidades de maiores, persoas pensionistas, prexubiladas, xubiladas e outras entidades sociais da provincia.

O programa “Depo en Marcha 2019” espallará pola provincia de Pontevedra obradoiros, de 30 horas de duración, englobados en oito grandes áreas temáticas “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”.

Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade. Este ano, a empresa Xestión Cultural Aurea S.L é a encargada de xestionar o programa, que conta cun orzamento de 156.000 euros.

Deja un comentario