+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Xullo de 2019

O MINIDH ENCHE MONDARIZ DE CLICLISTAS


 

O pasado sábado disputouse en Mondariz, o primeiro das 8 probas que compoñen o Minidh Galicia Series, a cal foi un éxito rotundo.
Na proba participaron 113 nenos e nenas de toda a Comunidade.
Unha proba con obstáculos de madeira, nos cales habia escaleiras, dubbies, saltos, etc.
Unha proba que nada tenia que envexar aos grandes eventos do mundo do Dh. Só fai falta mirar as imaxes do evento para decatarse diso.
Numerosas persoas de toda Galicia achegáronse a Mondariz a gozar do evento.
Este evento dedicado a Borja Gomez Mendez, o neno con síndrome de down do Club Ciclista Ponteareas posúe arraigamento familiar con Mondariz.
Clubs ciclistas de toda galicia desprazáronse a Mondariz, inclusive case 15 nenos da localidade de mondariz participaron na proba.
Desde Sportskids, empresa encargada do evento, móstranse moi contentos co resultado obtido e as opinións dos asistentes.
Todos os participantes tiveron un detalle ao finalizar o evento, asi como os gañadores dos 3 primeiros postos de cada categoria levaron agasallos doados polas tendas Biciocon de Vigo e Biziebike de Ponteareas e para os mozos de licenzas dun dia agasallos doados pola tenda Tramolibre de Porriño.

Deja un comentario