+034 986 09 02 04 Martes 22 de Outubro de 2019

MARGARITA ADRIO E DANIEL CHENLO CHAMAN Á MOBILIZACIÓN NA FEIRA DE CALDAS DE REIS


A candidata e o candidato ao Senado visitaron a vila termal xunto ao alcalde e candidato á reelección, Juan Manuel Rey
A choiva que este luns acompaña a toda a provincia non foi impedimento para que Margarita Adrio e Daniel Chenlo, integrantes da lista socialista ao Senado, visitaran a feira de Caldas de Reis xunto ao alcalde e candidato á reelección, Juan Manuel Rey, desde onde fixeron un chamamento á mobilización para as próximas dúas citas electorais.
“Saímos con moito ánimo nesta campaña”, asegurou a candidata a senadora, engadindo que o próximo 28 de abril elíxese entre “a involución” que representan as dereitas do PP, Ciudadanos e VOX e “o progreso” que representa o PSOE. “Temos demostrado que facemos políticas progresistas nestes poucos meses á fronte do Goberno”, defendeu.
Adrio mencionou “as políticas de igualdade, de protección os dereitos das e dos traballadores, o benestar e a xustiza social”. “Temos un programa moi amplo que imos defender nestas eleccións xerais”, afirmou referíndose ao documento lanzado hoxe polo partido, un programa que é a continuación da acción de goberno de Pedro Sánchez.
Pola súa banda, Chenlo remarcou “a importancia destas eleccións, onde nos xogamos dous modelos”. “Pedimos o voto para o PSOE para alcanzar as metas que poden facer unha España mellor para todas e todos”, asegurou o futuro senador facendo un chamamento á mobilización do electorado progresista. Sen ir máis lonxe, este pasado domingo o socialdemócratas finlandeses conseguiron o triunfo por unha marxe mínima de só dous escanos.
No reparto polo mercado de Caldas de Reis estiveron acompañados polo actual alcalde e candidato á reelección, Juan Manuel Rey, que defendeu “tanto as grandes accións” do goberno de Pedro Sánchez “como as pequenas que levamos a cabo a nivel municipal”. “Todo é socialismo”, afirmou Rey, que se mostrou con “moito ánimo” para afrontar estas dúas citas electorais.

Deja un comentario