+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Xullo de 2019

DIGNA RIVAS LAMENTA QUE O GOBERNO DO PP SIGA A FACER “OÍDOS XORDOS” Á PRECARIEDADE DOS SERVIZOS SOCIAIS


A candidata socialista lembra que dende o ano 2016 o PSOE leva denunciando unha situación que evidencia “a falta de sensibilidade e a improvisación” do goberno local
“Dende o 2016 levamos reclamando, dende o grupo municipal do PSdeG-Redondela, a necesidade de que os Servizos Sociais municipais conten cunhas instalacións axeitadas, accesibles e nas que a privacidade dos usuarios e usuarias estea garantida”, afirmou hoxe Digna Rivas ao chamar a atención sobre a “precaria situación deste departamento municipal” situado nunhas instalacións que “non cumpren ningunha desas condicións”.
O feito de que o Concello leve tres anos “estudando” o traslado do servizo a outras instalacións “non desculpa ao Goberno que mentres non procure buscar solucións á situación de inaccesibilidade que teñen as actuais dependencias”.
Non deixa de ser paradóxico, asegura Digna Rivas, que nos baixos do inmoble estea instalada a Oficina de Turismo “totalmente fora de lugar, afastada do camiño dos miles de peregrinos que pasan por Redondela e case que escondida para os turistas e visitantes que queren facer uso dela”, mentres que as persoas con mobilidade reducida, que teñen imposible o acceso á primeira planta “teñan que desprazarse ata casa do Concello para ser atendidas coa absoluta falta de privacidade que se esixe a un servizo de características tan sensibles coma este”.
Se a situación é grave, afirma Rivas, agora empeórase máis coa chegada de dúas traballadoras máis “ao abeiro do Plan Concellos da Deputación, que unida á unha becaria, unha educadora e dúas traballadoras sociais –unha delas coordinadora do servizo– da como resultado que nun espazo minúsculo, terán que traballar seis persoas totalmente amontoadas, sen un espazo minimamente digno para desenvolver o seu labor”.
Non se pode esperar que as traballadoras deste servizo “de extraordinaria importancia en calquera administración” poidan prestalo de xeito axeitado se non teñen as mínimas condicións para o seu desenvolvemento. “Seis persoas hacinadas en nun reducido espazo, sen case que espazo material para ter os preceptivos expedientes, está moi lonxe do que nós consideramos ‘condicións axeitadas’ para prestar os Servizos Sociais’”, afirma a candidata socialista.
Digna Rivas chama a atención tamén sobre estas últimas contratacións “que poderían terse feito hai meses, e non esperar a última hora cando o servizo ten a tramitación de expedientes con máis de catro meses de atraso”, un retardo que se é preocupante en calquera eido da administración local, “o é moito máis nun departamento que tramita, por exemplo, axudas de emerxencia social que son de primeira necesidade para as familias afectadas”.
Esta falta de previsión, explica a concelleira e candidata do PSdeG-Redondela “é común a calquera programa que presta o departamento de Servizos Sociais”, subliña Digna Rivas, que pon como exemplo “os cursos de alfabetización, programa propio dos Servizos Sociais e no que participan máis de medio cento de persoas, que xa pasou por dúas localizacións distintas e agora impártese nun local, en absoluto adecuado para este fin, e que comparte con outras asociacións alleas ao Concello”.

Deja un comentario