+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

AS E OS SOCIALISTAS VISITAN A FEIRA DO REQUEIXO E A MEL DAS NEVES PARA LEVAR O PROXECTO DE PEDRO SÁNCHEZ


As candidatas e candidatos ao Congreso Olga Rodríguez Puga, María Pérez y Miguel Ferreiroa visitaron o típico encontro da man do candidato á alcaldía, Marcelino Couto
Este Venres Santo membros da candidatura socialista ao Congreso dos Deputados achegáronse á Feira do Requeixo e a Mel das Neves, onde coñeceron as peculiaridades deste produto típico da zona da man do candidato á alcaldía, Marcelino Couto.
Olga Rodríguez Puga, María Pérez y Miguel Ferreiroa aproveitaron a ocasión para expoñer o proxecto socialista para as próximas eleccións xerais. “Desde aquí queremos reivindicar a España feminista da que o Goberno de Pedro Sánchez fai bandeira”, sinalou Rodríguez Puga, poñendo como exemplo a composición do Goberno, onde “dou mostras do que ía ser o seu mandato”, repleto de decisións a favor da igualdade entre homes e mulleres.
“Sempre dicimos o mesmo, pero é a realidade: estamos ante unhas eleccións moi importantes”, apuntou pola súa parte Ferreiroa. “O 28 de abril decidimos se seguimos avanzando en dereitos sociais, igualdade, benestar social e ecoloxía ou o retroceso da dereita máis rancia que quere sacar nesta campaña debates que xa están pechados”, denunciou, poñendo como exemplo o aborto ou a lei de violencia de xénero.
“España non se pode permitir o que sucedeu en Andalucía”, continuou Ferreiroa, onde a desmobilización do electorado de esquerdas permitiu “un goberno da dereita e a ultradereita”. “Non nos podemos confiar, é moi importante ir votar para conseguir unha ampla maioría que nos permita seguir cos venres sociais”, finalizou.
O candidato socialista á alcaldía, Marcelino Couto, agradeceu a visita das e dos candidatos ás Cortes Xerais ao concello e animou á veciñanza a “poñer a Pedro Sánchez de novo no Goberno”, o primeiro paso para que nas Neves “haxa un goberno do mesmo color que se axeite ás necesidades das e dos cidadáns”.

Deja un comentario