+034 986 09 02 04 Venres 28 de Febreiro de 2020

CARLOS IGLESIAS: “SOMOS AS E OS SOCIALISTAS DE SEMPRE: QUE ESTAMOS AO CARÓN DAS E DOS TRABALLADORES, DO COMPROMISO SOCIAL E AS LIBERDADES”


O candidato á reelección na Illa da Arousa presentou a candidatura, que pecha o histórico e centenario militante Ramón Otero Dios, a quen lle entregaron unha placa conmemorativa
Carlos Iglesias presentou este domingo a candidatura que lle acompañará nas vindeiras eleccións municipais de maio para revalidar a alcaldía da vila do Salnés. “Encantaríame seguir sendo o alcalde da Illa porque temos proxectos abertos, a longo prazo, que me gustaría poder levar a cabo para que a cidadanía os desfrute”, sinalou Iglesias na súa intervención ante un Auditorio Municipal da vila no que se congregaron unhas 300 veciñas e veciños.
O candidato á reelección sinalou que o “gran equipo de mulleres e homes” que conforma a lista socialista serán quen de construír “máis Arousa” a partir das próximas eleccións municipais. Un equipo que conxuga experiencia e xuventude, e que pecha o histórico e centenario militante socialista da vila, Ramón Otero Dios, a quen se lle fixo entrega dunha placa conmemorativa ao final do acto.
Finalmente, Iglesias reprobou “as formas indignas dos dirixentes da dereita e da ultradereita” que conforman “un monstro de tres cabezas”. Fronte as súas “descualificacións” está “o aire fresco” dun Pedro Sánchez que representa “ás e aos socialistas de sempre: que estamos ao carón dos traballadores, do compromiso social e as liberdades”.
O alcalde da Illa de Arousa estivo acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que lembrou a súa xuventude, cando acudía á Illa de Arousa de vacacións, sinalando que daquela descubriu “que había xente moi orgullosa da súa vila, , moi traballadora, que reclamaba o que se merecía”.
“Sodes unha vila tan grande que fuches quen de conseguir que a Illa de Arousa fose un concello”, sinalou Silva. A presidenta da Deputación quixo lembra a longa tradición socialista da vila, lembrando a Manel Vázquez, exalcalde da vila, de quen dixo que se non existise “habería que inventalo”, ao tempo que destacou a figura do actual alcalde e candidato á reelección.
“Carlos é unha gran persoa, un extraordinario alcalde”, afirmou Silva, engadindo que a lista que o acompaña está “a anos luz de calquera outra que se presente na Illa”. “Tes cambiado e tes feito moitos investimentos para que a xente da Illa teñas todos os dereitos”, explicou Silva para pedir posteriormente o voto socialista nas próximas citas electorais: “Non ides permitir esa España que involuciona, esa España negra; queremos vivir alegres, nun país no que todas e todos poidamos construír a nosa vida”.
Pola súa banda, o secretario xeral provincia, David Regades, destacou a Carlos Iglesias como “un gran líder, un gran capitán de barco” que ten feito da Illa de Arousa un concello de referencia na provincia. “Temos que gañar estas eleccións, temos que saír a rúa a convencer á veciñanza polas persoas maiores e as súas pensións, polas mozas e mozos”, sinalou Regades facendo un chamamento á mobilización nas dúas próximas citas coas urnas.
O máximo dirixente provincial do partido tamén sinalar o compromiso das e dos socialistas coa igualdade e o feminismo, ao tempo que denunciaba as actitudes machistas de Feijóo. “Un presidente da Xunta non pode ter nin actitudes nin conversas machistas, e Feijóo tenas. Eu sempre lle direi que así non”, apuntou Regades.
O acto contou coa apertura de Manel Vázquez, secretario xeral municipal e vicesecretario xeral de Acción Electoral na executiva provincial do partido, que destacou os investimentos levados a cabo pola Deputación desde que Carmela Silva chegou ao Goberno. “Pasamos de menos dun millón de euros na última lexislatura de Louzán aos case cinco millóns de euros investidos polo goberno socialista nesta lexislatura que está por rematar”, expuxo. “Temos que seguir multiplicando con Carlos na alcaldía, con Carmela Silva na Deputación, con Gonzalo Caballero na Xunta e con Pedro Sánchez no Goberno de España”, finalizou.
O secretario xeral nacional, Gonzalo Caballero, chamou a unha “mobilización masiva” que, “con argumentos e con sorrisos”, nos leve a “encher as urnas de votos e de compromiso” para “dar un triunfo histórico” ao PSOE de Pedro Sánchez fronte “á dereitona” e “non ter que arrepentirnos” o vindeiro domingo.

Deja un comentario