+034 986 09 02 04 Luns 25 de Maio de 2020

Gondomar reduce un ano máis a factura da electricidade


Durante o ano 2013 o gasto en electricidade do concello de Gondomar foi de 363.887,57 €, diminuíndo este consumo eléctrico en 13.000 € durante o ano 2014, como explica o concelleiro de Medio » esta redución no importe da factura de Gas Natural Fenosa ten aínda máis valor se cabe, xa que este aforro se conseguiu a pesar do incremento da tarifa eléctrica, o IVE e o aumento de subministracións en novas instalacións municipais que carecían de contrato como son a iluminación de Fontán, a escola infantil A Galiña Azul», o bombeo de Donas e algún máis).

Dende Xaneiro do 2013 a Xaneiro do 2014, houbo cinco subas, cun incremento total do 6,8%, moi por enriba do IPC a pesar diso o concello de Gondomar dende o ano 2012 reduciu o seu gasto en electricidade en case un 24%, o que supón un aforro para as arcas municipais de máis de 102.000 € en dous anos.

Segundo manifesta o concelleiro de Medio Carlos González «conseguir este aforro supuxo un grande esforzo realizado neste ámbito».
Gondomar conta cunha partida presupostaria para mantemento de iluminación de apenas 40.000 €, polo que Carlos González «eloxia o gran traballo que están a levar os traballadores da brigada do servizo eléctrico, demostrando así o alto grao de profesionalidade que ostentan,».

Dende o departamento de Medio dirixido por Carlos González séntense moi satisfeitos coa redución non só na factura eléctrica senón no que iso leva consigo a diminución de CO2 á atmosfera, contribuíndo desta forma ao coidado do planeta.

Deja un comentario