+034 986 09 02 04 Martes 16 de Xullo de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN COMUNICA AOS PROPIETARIOS DO CEMITERIO DE PRIEGUE A RESOLUCIÓN QUE LEGALIZA DEFINITIVAMENTE O CAMPOSANTO


A resolución foi asinada a semana pasada polo alcalde tras obter a semana pasada o visto bo da Consellería de Sanidade tras tres anos de trámites
A ampliación do Cemiterio de Priegue xa é definivamente legal despois de 35 anos sen regularizar. O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou a semana pasada a resolución tras recibir o visto bo definitivo da Consellería de Sanidade despois de tres anos de trámites para adaptalo á Lei de Sanidade Mortuoria de Galicia. O camposanto, non municipal, estaba operativo dende 1987 pero sen ter os permisos necesarios, polo que a petición da propia comunidade de propietarios, o Concello tomou a decisión no 2016 de mediar coa Xunta para solventar este asunto. Esta legalización súmase á obtida no ano 2016 co Cemiterio de Nigrán e Parada, ambos municipais e que arrastraban o mesmo problema.
Tal e como recolle a resolución, a regularización foi posible despois de que o Concello actuase de conformidade co previsto na Disposición Adicional Primeira do Decreto 151/2014 do 20 de novembro de sanidade mortuoria de Galicia. Ademais, entre outros aspectos, foi necesario crear unha nova entidade de xestión do camposanto que recibe oficialmente o nome de ‘Novo Cemiterio de Priegue’.
“Foi unha tramitación longa porque houbo que obter primeiro o visto bo de Patrimonio e os propietarios tiveron que realizar pequenas obras para adaptalo a lei de Sanidade, pero o importante é que ao fin se acadou a legalización e con elo os conflictos veciñais que se rexistraran no pasado”, declara o alcalde, Juan González.

Deja un comentario