+034 986 09 02 04 Martes 16 de Xullo de 2019

ERNESTO FILGUEIRA PRESENTA ÁS MULLERES E AOS HOMES QUE O ACOMPAÑAN NA CARREIRA POLA ALCALDÍA DE CERDEDO E COTOBADE


 

 

Ernesto Filgueira: “É unha honra para min e motivo de seguridade para a veciñanza poder presentar a esta equipo cheo de ilusión, formado, con experiencia de xestión en ámbitos sociais, culturais ou medioambientais e sobre de todo, un equipo honesta, con capacidade de traballo e gañas de loitar polo presente dun concello que precisa dunha fonda transformación para que teña futuro. Non nos conformamos con menos, pois, todas e todos queremos máis”.

 

O BNG de Cerdedo e Cotobade ben de facer pública o conxunto da lista electoral que vai concorrer ás vindeiras eleccións do 26 de maio. Trátase dunha lista integrada por persoas representativas da maioría das parroquias que compoñen o municipio. Cabe sinalar que é esta unha candidatura feita para dar a loita pola alcaldía. As mulleres e os homes que a conforman aportan solvencia en xestión, seguranza e templanza nas tomas de decisións, vitalidade e xuventude e ademáis son grandes coñecedores da realidade veciñal, laboral e social de cada un dos moitos lugares que forman o extenso municipio.

 

A candidatura ten unha media de idade de 42 anos. É unha candidatura xoven e á vez madura. Coas ideas claras. Con proxecto definido. Coa firmeza da xuventude e a experiencia de teren traballado sen ánimo de lucro para o conxunto da veciñanza. Trátase dunha lista renovada ao 74% e liderada por Ernesto Filgueira que ven a potenciar as posibilidades dunha formación tan precisa coma demandada pola sociedade logo dos moitos problemas estructurais que existen e logo dunha fusión imposta dende os despachos e ás costas da veciñanza tanto de Cerdedo coma de Cotobade.

 

Así pois, seguindo a Ernesto Filgueira súmase ao proxecto Margarita del Rocío Graña Tapia, veciña e Vicepresidenta da Comunidade de Montes de Tenorio ademáis de sindicalista de CIG-Saúde. De número 3 Anxo Santomé

Fentanes, Responsable Local e membro do Consello Comarcal do BNG e Expresidente da Asociación Cultural os Trazantes de Tenorio. De 4 concorre Alberto Cadavid García, Técnico Superior en Soldadura e Caldeirería e veciño de Cerdedo. No posto 5 a veciña de Loureiro Gloria Malvar Fraguas, integrante histórica do BNG local e cuidadora social. Víctor Ribas Villa, veciño de Carballedo. Ilustrador e autor de banda deseñada no 6. No 7 Iria Riveiro Baltasar, veciña e secretaria da Comunidade de Augas Fonte Grande de Corredoira. Séguea no posto 8
Antón Mouriz Fernández Presidente da Asociación veciñal A Fontiña Bieita de Borela e Coordinador da Asociación Galega de Adopción e Acollemento MANAIA. No 9, Nuria González Peleteiro responsable local de Galiza Nova de Cerdedo e Cotobade. No posto 10, Xoan Romero Durán, socio da Asociación Galega da Lingua. No 11, Estefanía López Antelo, estudante de Formación Profesional e veciña da Corredoira. No 12 Monserrat Fernández Arén, veciña de Quireza, graduada en Filosofía e colaboradora na Semana da Filosofía de Pontevedra. No posto 13, Delmiro Durán Garrido de Aguasantas e traballador público da administración de xustiza e membro da Irmandade Xurídica Galega.

 

A lista continúa con Carlos Gómez Cobas, Secretario da Comunidade de Montes de Calvelo no 14. Sarah Bott Vázquez, veciña de San Xurxo e graduada en Bioloxía no 15. No posto 16, Miriam Pérez Costas e no 17 o veciño Jose Luís Bouzas Ambroa. No 18, Alberto Nogueira Pérez veciño de Valongo e traballador público de prisións. No 19, Lucía Aguete Iglesias. Lino Moreira Caramés, veciño de Almofrei e Axente Forestal no posto 20. Como número 21 e 22 respectivamente María Lisbel García Louzao e Luís Godoy López sindicalista de CIG-Saúde. E pechando a candidatura Sindo Penelas García, traballador na sanidade pública e veciño de Rebordelo.

Deja un comentario