+034 986 09 02 04 Martes 16 de Xullo de 2019

BARRO ACOLLEU UN ENCONTRO COAS COMUNIDES DE MONTES DO MUNICIPIO PARA COÑECER AS CUESTIÓNS QUE ATINXEN AOS VIAIS DE COMUNICACIÓN


No encontro estiveron acompañados do candidato á alcaldía de Barro, José Sanmartín

Barro acolleu un encontro entre as candidaturas ás Cortes Xerais e representantes de todas as comunidades de montes do municipio, que actuarán como voceiros das preocupacións das diferentes parroquias. Así, directivos das comunidades de montes de Curro, Barro, Valiñas, Agudelo, Perdecai e Portela así como varios colectivos veciñais como o da Plataforma PO 531 reuníronse coas e cos candidatos ao Congreso e ao Senado, Guillermo Meijón, Modesto Pose, Margarita Adrio e Jorge María, ademais do candidato á alcaldía de Barro, José Sanmartín.
A xuntanza serviu para poñer sobre a mesa a situación das diferentes parroquias en relación coas infraestruturas que as cruzan. “As seis parroquias teñen nalgún punto estradas e vías de comunicación dependentes do Estado polo que queremos que aqueles que van ser a nosa voz nas Cortes Xerais poidan coñecer de primeira man a situación e problemáticas que ten cada unha destas parroquias”, explicou Sanmartín, que insistiu na necesidade de que se coñezan polo miúdo as necesidades da veciñanza.
No caso da PO531 a infraestrutura depende da Xunta de Galicia pero as e os socialistas tamén escoitaron as demandas deste colectivo que leva tempo reclamando que se leve a cabo o proxecto inicial de humanización deste vieiro que une Vilagarcía e Pontevedra. En concreto o seu representante centrouse na situación da estrada ao seu paso por Curro.
Neste sentido, os candidatos socialistas pola provincia de Pontevedra comprometéronse a trasladar estas inquedanzas e propostas veciñais ao futuro Ministerio de Fomento, para que os técnicos adopten as medidas oportunas que contribúan a eliminar ou a minimizar no posible os posibles impactos negativos que algúns destes vieiros poidan ocasionar.

Deja un comentario