+034 986 09 02 04 Martes 16 de Xullo de 2019

O PP PRESENTA UNHA LISTA QUE MISTURA A EXPERIENCIA E ESTABILIDADE DO GOBERNO LOCAL COA INCORPORACIÓN DE CATRO MULLERES NA CANDIDATURA


Lourdes Ovelleiro Garrido, Belén Casado Troitiño, Sandra Rey Fontenla e Iria López Mourelle son as novidades no equipo liderado por Jorge Cubela

 

O PP de Cerdedo-Cotobade acaba de presentar a súa candidatura ás Eleccións Municipais do vindeiro 26 de maio e na mesma “mistúrase a experiencia e a estabilidade do actual goberno local, que demostrou sobradamente a súa capacidade de xestión, cunha renovación de carácter feminino, xa que as tres novas incorporacións aos postos de saída son mulleres”, explicou o presidente municipal e candidato, Jorge Cubela.

 

A lista, que foi aprobada polo Comité Executivo Local conta, como principal novidade, coa presenza da veciña de Quireza Lourdes Ovelleiro Garrido, funcionaria municipal cun gran activismo social e fervente colaboradora de asociacións culturais veciñais, no número 2; de Belén Casado Troitiño, tamén de Cerdedo, no quinto posto; e de Sandra Rey Fontenla, de Carballedo, na décima praza.

 

Polo demais, os 14 integrantes do Grupo Popular na actual Xunta Xestora do Concello de Cerdedo-Cotobade están presentes na candidatura, que está conformada por un total de 23 persoas –trece titulares e dez suplentes–. Nela figuran en postos destacados o tenente de alcalde de Cotobade, o funcionario de Correos Fernando Vázquez, que foi de 2 hai catro anos e mantense na parte alta ao ocupar a terceira praza, e o ex alcalde de Cerdedo, ex vicepresidente municipal e actual director xeral de Gandaría, José Balseiros, que concorre de primeiro suplente.

 

“Temos un equipo moi unido e preparado, con gran capacidade de xestión e experiencia, cun proxecto común, rigoroso e ambicioso, con representación directa de 17 das 21 parroquias e

conexións con todas elas, e moi identificado con todas as sensibilidades e sectores do noso concello, polo que estamos moi satisfeitos”, explicou Cubela.

 

O presidente municipal deixou claro que “o obxectivo mínimo é revalidar a maioría absoluta, que na nova corporación está fixada en sete concelleiros, xa que do contrario habería un pacto de intereses persoas que gobernaría de costas aos veciños, pero somos ambiciosos e temos o aval da gran xestión da lexislatura que remata e o mellor proxecto para este concello polo que poderíamos movernos entre oito e dez concelleiros, dependendo das circunstancias”, concluiu.

 

Candidatura
Suplentes

1
Jorge Cubela López | San Xurxo de Sacos
1
José Balseiros Guinarte | Tomonde

2
Lourdes Ovelleiro Garrido | Quireza
2
Raquel Touriño Casal | Carballedo

3
Fernando Vázquez Corbacho | Corredoira
3
Jorge Diz Ventín | Tenorio

4
José Pichel García | Tenorio
4
Yolanda Mariño Valiñas | Figueora

5
Belén Casado Troitiño | Cerdedo
5
Raquel Puente Couto | Sta. María de Sacos

6
Bruno Portela Leiro | Borela
6
María Teresa Sanmartín Nieto | Cerdedo

7
Javier Lois Abal | Viascón
7
Manuel Magdaleno Modroño | Tenorio

8
Agustín Troitiño Tarín | Cerdedo
8
Emma Valiñas Barreiro | Quireza

9
Galiza Aguete Dorrío | Valongo
9
Ana Belén Caramés Bouzas | Rebordelo

10
Sandra Rey Fontenla | Carballedo
10
Antonio Bugallo Taboada | Parada

11
José Luis Crujeiras Garrido | Castro

12
Iria López Mourelle | Pedre

13
Mª del Carmen López Gesteira | Almofrei

Deja un comentario