+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

VALORACIÓN DA CAMPAÑA DAS XERAIS NA COMARCA


O responsable comarcal do BNG, Demetrio Gómez, vén de valorar satisfactoriamente os resultados electorais obtidos pola organización en toda a comarca de Pontevedra, onde en moitos concellos se duplicou a porcentaxe de voto, seguindo a liña ascendente do BNG.
A comarca de Pontevedra contribuíu de xeito importante a que o BNG conseguise o bo resultado electoral de onte, polo que o responsable comarcal quixo agradecer expresamente o traballo feito por todos os equipos municipais e da comarca que souberon transmitir con ilusión e convicción os obxectivos do BNG e a importancia de que sega crecendo para que exista unha voz que defenda a Galiza en Madrid.

Aproveitando o ánimo e o traballo destas semanas, os equipos municipais do BNG xa comezaron a traballar na seguinte cita electoral, as municipais do 26 de maio, para conseguir os mellores resultados posibles na comarca de Pontevedra e continuar colocando a BNG como forza política referente e única en Galiza.

Deja un comentario