+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Setembro de 2020

ALFONSO RUEDA: “BELÉN VILLAR VAI DEVOLVER A ILUSIÓN A PONTEAREAS CUN PROXECTO INTEGRADOR QUE IMPULSE O EMPREGO E AS OPORTUNIDADES”


O presidente provincial chama á unidade en torno ao PP para poder conformar un goberno sólido e estable neste concello

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Ponteareas necesita un cambio de rumbo liderado por Belén Villar, “que vai devolver a ilusión aos veciños cun proxecto integrador que impulse o emprego e as oportunidades”.

Durante o acto de presentación da lista que acompañará a Belén Villar na súa candidatura á Alcaldía da localidade nas vindeiras eleccións municipais, Rueda puxo en valor o traballo realizado estes meses por todo o seu equipo, no que se combina a renovación coa experiencia, e comprometeu todo o apoio do PPdeG.

Neste sentido, incidiu en que os populares “saen a gañar o 26 de maio”, situando a Belén Villar como a persoa axeitada para relanzar a labor desenvolvida durante a etapa de Salvador González Solla, ao que agradeceu os seus anos de esforzo e o seu compromiso con Ponteareas e coa actual candidatura.

Finalmente, o presidente provincial chamou á unidade en torno ao PP para poder conformar un goberno sólido e estable na localidade, definindo á candidata como unha persoa “valiente”, que pon ao seu concello por riba de todo. “Vai ser unha gran alcaldesa, con ideas novas, con vontade de ter boa interlocución co resto de administracións para avanzar nos proxectos necesarios e cun partido que ten experiencia de goberno e que sabe facer as cousas”.
Pola súa banda, Belén Villar afirmou que “o proxecto que queremos para Ponteareas, e que devolverá a ilusión ao noso pobo, pasa por crear oportunidades de emprego, coa instalación de espazos coworking e o desenvolvemento de solo industrial como o de A Lomba”. Pasa tamén, abundou na súa intervención, “por xerar proxectos de ocio como as piscinas lúdicas ou a renovación dos nosos parques infantís”.
“No camiño, tamén traballamos no que será o I Plan Estratéxico de Deportes de Ponteareas, para impulsar e apoiar estilos de vida saudables”, dixo, ademáis de “fomentar a marca Condado e o noso Corpus como a mellor sinal de identidade”.
“Sí gañamos o 26 de maio, as parroquias terán o mesmo trato que o pobo, porque xa é hora de que servizos tan básicos como o saneamiento cheguen ao rural”, engadiu a candidata á Alcaldía, lembrando a súa pertenza a parroquia de Ribadetea.
SOBRE A CANDIDATURA
No tocante a súa lista, Villar puxo en valor que presenta unha renovación do 80%, destacando que está formada por xente “preparada e vencellada a Ponteareas”. “Unha candidatura da unidade”, apuntou, lembrando que Salvador González Solla e Nava Castro pechan a lista de xeito simbólico.
“O 26 de maio temos que sair a gañar para que Ponteareas saia do letargo”, incidiu, mostrando o seu agradecemento “a todas as persoas que traballaron pola localidade ao longo destes anos, para que agora nós tomemos o relevo».

 

 

 

 

 

CANDIDATURA DO PP DE PONTEAREAS ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1. María Belén Villar González
2. Andrés Sampedro Fernández
3. Silvia Fernandes Taboas
4. Francisco Jesús Represas Carrera
5. Rosa María Carrera Álvarez
6. Lina Limeres Antonio
7. Celesta María Barco Vega
8. Florentino Porto Prego
9. José María Rodríguez Mosquera
10. Manuel Regueira Regueira
11. Martín Hidalgo Bargiela
12. Rafael Martínez Pazos
13. Diego Alonso Vázquez
14. Lorena Freiria Prado
15. Sonia Novoa das Dores
16. Rogelia Tellado González
17. Emilio Martínez Toucedo
18. Virginia de la Salud Alfaya Rodríguez
19. Andrea Fernández Rodríguez
20. Antonio Álvarez Pedrosa
21. Aránzazu Perfecto Pacheco

22. Virginia Lorenzo Álvarez
23. Daniel Lorenzo Antúnez
24. Servando Álvarez Fernández
25. María Cruz López Galán
26. Amador González Martínez
27. Lorena Sousa Leitón
28. Manuel Lorenzo Bouza
29. Gabina Domínguez Estévez
30. María Nava Castro Domínguez
31. Salvador González Solla

Deja un comentario