+034 986 09 02 04 Martes 18 de Febreiro de 2020

A ALCALDESA FÁTIMA ABAL ATÓPASE EN TERRAS MALLORQUINAS PROMOCIONANDO O ALBARIÑO


A alcaldesa de Cambados Fátima Abal atópase en terras mallorquinas, concretamente en Palma de Mallorca, onde se celebra a XXIII Festa do Albariño D.O Rías Baixas, unha festa que promociona os nosos caldos galegos nesta illa do
Mediterráneo.
Unha illa que ao longo do ano conta con centenares de miles de visitantes dispostos a pasar as súas vacacións estivais e gozar das súas paisaxes e a súa gastronomía, e por que non? Dun bo Albariño!
A alcaldesa Fátima Abal sente moi orgullosa de que unha festa tan importante siga contando co Concello de Cambados e é unha honra para ela, o ser a primeira muller alcaldesa da historia de Cambados, e poder tamén ser a primeira embaixadora do Albariño nestas illas afortunadas, unha colaboración que a pesar de estar nunhas datas algo complicadas, cunhas eleccións municipais ao virar a esquina, non dubidou nin un instante en aceptar, ao entender que priman os intereses de todos os produtores que en Cambados viven directa ou indirectamente da viticultura, e aproveitar calquera promoción posible é fundamental, máis aínda se contamos cunha festa arraigada, que nesta ocasión celebra xa os seus 23 anos. Na que está claro que o concello de Cambados non podía estar ausente.
Fátima Abal por un momento creu que non saíra de Galicia, xa que do mesmo xeito que na comida do Albariño de Cambados, o menú estaba integramente composto por produtos galegos, inclusive a organización contou cun típico “Pulpeiro”, algo que se agradece despois de horas de traballo intenso para demostrar que o viño Albariño é único e o da zona do Salnés sexa posiblemente o mellor.
Por suposto remataron cunha cata a cegas dos mellores Catadores de Baleares os cales outorgaron o primeiro premio a, PAZO DE VILLAREI DE HGA, o segundo premio foi para DO FERREIRO DE GERARDO MÉNDEZ e a medalla de broce nesta ocasión levoulla MANUEL D´AMARO DE SEÑORIO DE RUBIÓS.
Os seguintes premiados foron por esta orde: Martín Codax, Paco e Lola, Pa tí e pa min, You and me, Davide, Bouza de Carril, A Troita.
Fátima Abal quere agradecer a toda a organización o trato recibido e emprázaos a que visiten a próxima Festa do Albariño de Cambados que xa é Festa de Interese Turístico Internacional.

Deja un comentario