+034 986 09 02 04 Luns 11 de Novembro de 2019

ALFONSO RUEDA: “JUAN JOSÉ GONZÁLEZ GARANTE COMPROMISO, XESTIÓN EFICAZ E ILUSIÓN PARA DAR UN NOVO IMPULSO Á ILLA DE AROUSA”


O presidente provincial pon en valor a súa capacidade de traballo e o seu coñecemento da localidade: “É á persoa axeitada para negociar e sacar adiante os proxectos que fan falta”

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que Juan José González e o seu equipo garanten compromiso, xestión eficaz e ilusión para dar á Illa de Arousa o novo impulso que necesita, porque “neste Concello xa é momento dun cambio”.

Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Juan José González na súa candidatura á Alcaldía da Illa de Arousa nas eleccións municipais do 26 de maio, Rueda destacou a capacidade de traballo do candidato e as súas gañas por ser alcalde, cun equipo preparado para gobernar desde o primeiro día. “Vamos sair con toda a ilusión e a gañar, como facemos en todos os concellos da provincia”, remarcou.

“Juan José González ten o carácter da Illa, coñece ben aos veciños e ás súas necesidades. É o mellor candidato posible para negociar e levar adiante os proxectos que este concello necesita, cun programa ambicioso á par que razonable e realizable”, suliñou. “Unha persoa dialogante, que sabe da importancia de ter boa interlocución co resto das administracións para chegar a acordos que beneficien a todos”.

O presidente provincial puxo en valor a experiencia de goberno do PP, “un partido comprometido ao cen por cen con Galicia, sempre coa máxima implicación alí onde ten responsabilidades, que ten ideas e que ten a capacidade de levalas adiante”, dixo, apelando a unir o voto en torno ao Partido Popular como única alternativa ás forzas de esquerda para acadar gobernos “sólidos e estables”.

Pola súa banda, Juan José González adiantou que ten “moi boas expectativas” de cara ao 26 de maio, uns comicios aos que acode cun equipo “gañador” e cun programa no que terán moito protagonismo ás medidas enfocadas á xente do mar, a proporcionar aos mozos unha oferta diferenciada ou á mellora dos equipamentos municipais.

Deja un comentario