+034 986 09 02 04 Mércores 17 de Xullo de 2019

VILLAR PROPÓN UN SERVIZO DE ATENCIÓN Ao VECIÑO PARA CURSAR QUEIXAS, PREGUNTAS E RECLAMACIÓNS EN MENOS DE 48 HORAS


“En moitos concello xa existe desde hai anos este tipo de servizo telefónico ou telemático que permite unha mellor comunicación entre a administración e os nosos veciños” explicou a candidata

A portavoz do PP anunciou outra das súas propostas para achegar a administración local aos veciños de Ponteareas e mellorar así a comunicación e favorecer a rápida solución das súas necesidades.
A posta en marcha dun servizo telefónico ou telemático que permita liquidar as queixas, suxerencias ou problemas nun prazo de 48 horas. ”É necesario dar resposta, tanto se é favorable como desfavorable e sempre facendo un seguimento das reclamacións. En moitos concellos veciños xa funciona desde hai anos e cremos que Ponteareas non pode seguir co sistema actual”.

Ademais, en relación ao PXOM, a candidata explicou que moita xente descoñece o actual documento e por tanto tamén as modificacións realizadas. “Se gobernamos imos dar un prazo de catro meses, coa creación dun portelo de consulta específica para esta cuestión, para que todos os veciños e colectivos poidan coñecer o estado no que queda cada ámbito e as súas parcelas s”.

A candidata, despois de suspender onte todos os actos polo falecemento de Alfredo P. Rubalcaba, retomou a campaña esta mañá na Praza de Bugallal e asistiu á festa do pote. Pola tarde realizará dous mitins nas parroquias de Padróns e Canedo,. “Esta mañá estivemos a explicar o noso proxecto na praza Bugallal, as boas sensacións e boa acollida do noso proxecto son mellor do que esperabamos. A xente ten ganas de cambio, esperamos que nos dean a confianza para levar a cabo os nosos proxectos”.

Deja un comentario