+034 986 09 02 04 Luns 20 de Maio de 2019

ALFONSO RUEDA: “RAUL CASTRO É O ALCALDE QUE AS NEVES MERECE. SERIO E TRABALLADOR”


O presidente provincial, que estivo acompañado por Ana Pastor e José González, destaca a importancia de un conformar gobernos fortes e sólidos para sacar adiante os proxectos
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou que Raul Castro Rodríguez é o alcalde que merece As Neves. “Serio e traballador”. Nesta liña pediu aunar o voto no PP para obter “unha maioría absoluta potente” neste concello, cun proxecto “serio e viable”, que permita un goberno estable durante os vindeiros catro anos.

Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Raul Castro Rodríguez na súa candidatura á Alcaldía de As Neves nas eleccións municipais, no que tamén estiveron presentes Ana Pastor e José González, Rueda incidiu en que os populares “van sair a gañar o vindeiro 26 de maio en todos os concellos da provincia”.

Puxo en valor a experiencia de Raul Castro, “que sabe o que terá que facer dende o primeiro día que chegue ao Concello”, suliñando que o PP é un partido unido e forte. Deste xeito se amosou convencido de que os populares obterán un gran resultado nas eleccións municipais. “Temos os mellores candidatos, temos as ideas e temos a capacidade para levalas a cabo”, finalizou.

 

 

 

 

CANDIDATURA DO PP DE AS NEVES ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1. Raul Emilio Castro Rodríguez
2. Ana María González Álvarez
3. Ana Belén Rodríguez Pino
4. Manuel López Bernárdez
5. María de las Nieves Rodríguez Francisco
6. Andrea Pérez Pereira
7. Alicio Méndez Álvarez
8. Oscar Alonso Groba
9. Uxía Pérez Barreiro
10. Ana García Castro
11. José Ángel Gil Acuña

 

12. Oscar Prieto Martínez
13. María Nuria Gil Pérez
14. Eduardo Rodríguez Soto
15. Susana Gil Jorge
16. Rosa Novoa González
17. José Manuel Teixeira Alfonso
18. María Inmaculada Gil Álvarez
19. José Manuel Lorenzo Durán
20. Rocío Casas Rodríguez
21. Manuel Pintos Fernández

Deja un comentario