+034 986 09 02 04 Mércores 17 de Xullo de 2019

ALFONSO RUEDA: “HORACIO GIL É O ALCALDE AXEITADO PARA SEGUIR FACENDO CRECER A ARBO CON ESTABILIDADE, RIGOR E PROXECTOS ÚTILES”


O presidente provincial, que estivo acompañado por Ana Pastor e José González, afirma que os populares “saen a gañar en todos os concellos” o vindeiro 26 de maio

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou que Horacio Gil é o alcalde axeitado para que Arbo siga crecendo con estebilidade, rigor e proxectos útiles. Nesta liña pediu aunar o voto no PP para obter “unha maioría absoluta potente” neste concello, “unha referencia en Galicia”, que permita avanzar da man dun goberno sólido e forte durante os vindeiros catro anos.

Durante a súa participación nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Horacio Gil na súa candidatura á Alcaldía de Arbo nas eleccións municipais, no que tamén estiveron presentes Ana Pastor e José González, Rueda incidiu en que os populares “van sair a gañar o vindeiro 26 de maio en todos os concellos da provincia”, nunha cita que encaran “con moito ánimo”, amosándose convencido de que obterán “un gran resultado”.

Por último, puxo en valor a experiencia de Horacio Gil, “que sabe o que terá que facer dende o primeiro día que chegue ao Concello”, suliñando que o PP é un partido “unido e forte”. “Temos os mellores candidatos, temos as ideas e temos a capacidade para levalas a cabo”, finalizou.

 

 

 

 

CANDIDATURA DO PP DE ARBO ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1. Horacio Gil Expósito
2. María Salomé Troncoso Viéitez
3. Raimundo Rodríguez Guntín
4. Raúl Rodríguez Álvarez
5. Vicenta Rodríguez Cerdeira
6. Bernardo Vázquez Pérez
7. María Dolores Núñez Núñez
8. María Dolores Rodríguez Fernández
9. Vanesa Carballo Rodríguez
10. Silveria Álvarez Bautista
11. María del Mar Álvarez Fernández

12. Ramiro Gil Álvarez
13. José Manuel Mariño Tomé
14. Paula Pérez Gil
15. Vanesa Giráldez Álvarez
16. Francisco Javier Almuíña Vázquez
17. Rosa González Pérez
18. José Antonio Brandon Álvarez
19. Juan Carlos Cobas Castro
20. Milagros Puga Gil
21. Alberto Nieto Fernández

Deja un comentario