+034 986 09 02 04 Luns 20 de Maio de 2019

A VERTENTE MÁIS EXTREMA DO MOTOCRÓS, NO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA 42ª FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA


INCLUIRÁ CATRO EXHIBICIÓNS DE FREESTYLE MOTOCROSS, DÚAS O SÁBADO E OUTRAS DÚAS O DOMINGO DO EVENTO, O CAL SE CELEBRA DO 6 AO 9 DE XUÑO

A 42ª Feira Internacional Abanca semana Verde de Galicia, a cal se celebrará do 6 ao 9 de xuño, contará por primeira vez no seu programa de actividades con exhibicións de Freestyle Motocrós, as cales serán realizadas polo equipo Team Breaking.

Durante o seu espectáculo, que explica a historia deste deporte e como foron evolucionando os seus trucos, os pilotos realizarán saltos en moto por unha gran rampla e caerán noutra de recepción. Serán saltos de 21 metros de longo, alcanzando ata 15 metros de altura e con combinacións de diferentes trucos.

Entre estas acrobacias poderanse ver o superman, consistente en soltar o manillar da moto no aire e abrir os brazos en cruz, ou o backflip, o cal é un mortal cara atrás.

Os pilotos encargados de sorprender ao público serán Jorge Bravo, toledano cunha ampla carreira deportiva nesta modalidade, considerada a vertente máis extrema do motocrós, e Miguel Espada, sevillano tamén con gran experiencia en Freestyle Motocrós.

Levaranse a cabo catro exhibicións, dúas o sábado 8 e outras dúas o domingo 9 de xuño. A primeira delas será ás 13.00 horas e a segunda ás 18.00 horas. Terán unha duración de preto dunha hora.

Speaker e espectáculo de son

Os espectáculos contarán cun speaker especializado en deportes extremos, Óscar Fuertes, quen dinamizará e aportará aínda máis atractivo a estas demostracións. Ademais, estará acompañado dun gran espectáculo de son.

Todo iso permitirá ao público ver un espectáculo moi exclusivo, xa que Team Breaking é dos poucos equipos profesionais de Freestyle Motocrós en España.

Deja un comentario