+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

EXPOSICIÓN DE CANS DE CAZA E XORNADA GASTRONÓMICA DO XABARÍN EN ARBO


 

Arbo acollerá este próximo domingo a “VIII Exposición de Cans de caza”, acompañada da septima “Xornada Gastronómica do Xabarín”. O evento celebrarase no Campo dá Telleira e está organizado polo Tecor Santa Bárbara e o Concello de Arbo, coa colaboración da Federación Galega de Caza de Pontevedra, a distribuidora de pensos Arion, WeCan e a Xunta de Montes Veciñais de Arbo.

A feira iníciase ás 9:00 da mañá e a partir das 10:00 horas haberá exposición de cans, tiro con arco, proba de cans de coello en campo pechado e proba de rastro de Xabarín en modalidade trailla que non será puntuable para cópaa federación. A entrega de trofeos será ás 14:00 horas e elixiranse os mellores cans en varias categorías como mellor camada ou cachorro, mellor can de exposición ou mellor can de presa, entre moitas outras. A través destas probas poderase comprobar a destreza dos cans en competición cunha demostración que resulta espectacular tanto para aficcionados como para curiosos. A xornada finalizará con con unha gran degustación gratuíta de xabarín con adquisición de bebida e tamén “pulpo do baranda”. Na última edición reuníronse en Arbo ao redor de 300 exemplares de Galicia e Portugal, ademais dun milleiro de visitantes que puideron gozar de preto de 100 quilos de pulpo e de 70 quilos de carne de xabarín.

Deja un comentario