+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

ALFONSO RUEDA DESTACA O MODELO DE XESTIÓN DE JOSÉ CARLOS LÓPEZ CAMPOS, QUE É “GARANTÍA DE ESTABILIDADE” PARA A ESTRADA


O presidente provincial suliñou, nun acto no que tamén estivo Francisco Conde, que “é o alcalde axeitado” para que este concello continúe a súa gran transformación e camiñe pola senda do crecemento, chamando a unir o voto no PP
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe o modelo de xestión de José Carlos López Campos, suliñando que é “garantía de estabilidade” para A Estrada de cara aos vindeiros catro anos. “É o alcalde axeitado para seguir desenvolvendo un gran traballo, como ata agora, e que este concello continúe pola senda do crecemento”, asegurou.

Nesta liña, durante a súa intervención no mitin central na localidade na campaña das municipais, no que tamnén estivo Francisco Conde, Rueda apelou a unir o voto en torno ao PP o 26 de maio para conformar un goberno municipal forte e sólido na Estrada, da man “do mellor equipo posible”, formado por persoas “valientes e preparadas”. “Cun alcalde que é o gran protagonista da transformación que se está a levar a cabo en A Estrada nos últimos anos, que sabe dialogar e que sabe conseguir acordos e inversión importantes”.

Tras poñer en valor o proxecto integrador e de cercanía de José Carlos Campos, salientando que o cariño que lle teñen os veciños “non é casualidade, senón froito do seu traballo”, o presidente provincial incidiu en que os populares “saen con moita ilusión, con moitas propostas para os concellos e coa intención de gañar” o vindeiro domingo. Deste xeito referiuse ao PP como un partido con ideas e proxecto claro, que é garantía de “compromiso, experiencia de goberno e saber facer” .

Pola súa banda, José Carlos López Campos, acompañado por todo o seu equipo, fixo balance dos logros acadados nos últimos anos e avanzou parte do programa que vai a poñen en marcha no concello no caso de revalidar á Alcaldía, facendo fincapé no referente ao emprego e a poñer a disposición dos emprendedores máis solo industrial.

Igualmente deixou clara a súa disposición de seguir apostando polo rural, “que é moi importante e necesita proxectos de futuro, avanzando no saneamento ou na extensión da fibra óptica”. Tamén remarcou o traballo feito para acadar fondos europeos para o desenvolvemento urbano, e por último referiuse a ampliación da Alameda, que encaixa na súa idea de facer de A Estrada “unha cidade para as persoas”.

“Temos que seguir medrando e construindo o futuro xuntos. Con máis ilusión que nunca”, dixo o candidato popular ante un pabellón Manuel Coto Ferreiro abarrotado, chamando a “traballar para seguir medrano xuntos, con intensidade e sen confianzas” de cara a gañar as eleccións do 26 de maio e acadar de novo a maioría absoluta do PP.

Deja un comentario